terça-feira, 31 de março de 2009

A foto de marzo


Nostalxia, da infancia e deses lugares onde o tempo non existe. Impaciencia, por cruzar a porta de entrada a ese outro mundo. Xa queda menos... A viaxe comezará o venres. O tempo deixará de existir. Quero adicar a foto deste mes a lembrar esa viaxe do pasado que pronto será tamén a viaxe do presente.



A imaxinación tamén xoga [Ouarzazate, Marrocos]

segunda-feira, 30 de março de 2009

L'estaca (Lluís Llach)


Quen non sinta emoción algunha escoitando está canción ten menos sentimento que un trozo de marmol. Hai anos, disfrutei do directo deste son (foi nunha Acampada Jove, organizada polas JERC) e... impresionante. Segur que tomba i ens podrem alliberar... Miles de persoas cantando cunha soa voz baixo unha noite iluminada pola luz dos chisqueiros. Aínda sinto esa sensación no estómago.



Grazas a Lluís Llach e grazas a todas as persoas que o arriscaron todo para loitar contra o franquismo, contra a sin razón dun réxime que negaba a esencia de toda persoa; o dereito a ser. Por moito empeño que poñan algúns en practicarnos unha amnesia programada NON ESQUECEMOS.

L'estaca (Lluís Llach, 1968)

L'avi Siset em parlava
de bon matí al portal
mentre el sol esperàvem
i els carros vèiem passar.

Siset, que no veus l'estaca
on estem tots lligats?
Si no podem desfer-nos-en
mai no podrem caminar!

Si estirem tots, ella caurà
i molt de temps no pot durar,
segur que tomba, tomba, tomba
ben corcada deu ser ja.

Si jo l'estiro fort per aquí
i tu l'estires fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba,
i ens podrem alliberar.

Però, Siset, fa molt temps ja,
les mans se'm van escorxant,
i quan la força se me'n va
ella és més ampla i més gran.

Ben cert sé que està podrida
però és que, Siset, pesa tant,
que a cops la força m'oblida.
Torna'm a dir el teu cant:

L'avi Siset ja no diu res,
mal vent que se l'emportà,
ell qui sap cap a quin indret
i jo a sota el portal.

I mentre passen els nous vailets
estiro el coll per cantar
el darrer cant d'en Siset,
el darrer que em va ensenyar.



PD: grazas tamén ao amigo Fran Rei por darme a coñecer este vídeo vía facebook.

domingo, 22 de março de 2009

Gaza, zona pechada


"Todo o mundo debe moverse, correr e arrebatar as colinas que poda para incrementar os asentamentos, porque todo o que tomemos agora será noso. Todo o que non arrebatemos será deles"

Ariel Sharon, mitin de militantes de extrema dereita do Partido Tsomet, 1998

A curtametraxe de animación "Zona pechada" (Closed zone) describe de modo brillante o bloqueo asasino imposto polo Estado (mais ben invento) xenocida de Israel contra Gaza.


Vendo esta curta podemos chegar a sentir a desesperación das persoas que se senten prisioneiras na súa propia terra, que só poden correr sen rumbo. E aínda hai quen pretende facernos crer que este neno atrapado é un terrorista...






Máis información sobre a curta aquí

sexta-feira, 13 de março de 2009

A Utopía



"Ela está no horizonte,

achegome dous pasos,

ela alonxase dous pasos


Camiño dez pasos

e o horizonte queda dez pasos máis

aló


Por moito que eu camiñe

nunca a ela chegarei


Para que serve a utopía?

Para iso: para camiñar


[Eduardo Galeano]


domingo, 8 de março de 2009

10 de marzo: Día da Clase Traballadora Galega


“O home que dubida e teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten coraxe para manterse no seu posto de perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño.
Un home de verdadeira fé nos ideais que predica, e con coraxe para remediar as desventuras do povo, vai cara o trunfo cando se poida e como se poida”

Daniel Castelao [Sempre en Galiza]


Os sucesos acontecidos no 72 en Ferrol, enmárcanse na loita dos traballadores da Bazán por un Convenio digno, reclamando a súa negociación na Galiza. O 7 de marzo o Convenio Colectivo Interprovincial é asinado en Madrid o que produce o endurecemento do conflito.


O 10 de marzo de 1972 os traballadores da Bazán marchan en manifestación á ponte das Pías. Ao chegaren ao cruce da estrada de Castela atopáronse cos cans de presa do réxime franquista; a Policía Armada, que reprime brutalmente a mobilización obreira. Os mercenarios do sistema disparan e asasinan a Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García.


Amador, Daniel, a loita continúa!


Acude ás manifestacións da CIG

>>Ferrol, ás 19:30 desde o local da CIG

>>Vigo, ás 20h desde Vía Norte


8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora