sexta-feira, 24 de julho de 2009

Un e-mail de 601 euros

a

No marco da campaña das pasadas eleccións xerais (9 de marzo de 2008) a TVG celebrou un debate entre Nuñez Feijoo, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana. Ao día seguinte un diario dixital abriu unha enquisa para elixir ao gañador do citado debate. Anxo Quinatana estaba no primeiro posto e foi entón cando a maquinaria do PP comezou a funcionar, enviando o seguinte e-mail a centos de persoas:

"Hola a todos, vamos un poquillo mal y parece ser que se puede votar varias veces, pues Quintana lleva más votos que afiliados tiene su partido, así que por favor, entrad a votar y mandadle la dirección de esa página a vuestros contactos"

Ademais das estrañas deducións lóxicas que conten a mensaxe e o seu espírito pouco democrático o PP incumpriu, co seu envío, varios preceptos da Lei de Protección de Datos. Primeiro porque non informou as persoas receptoras do mail sobre a súa inclusión na súa base de datos e segundo, por non protexer os nomes e direccións electrónicas das persoas afectadas, de modo que cada receptor tiña acceso aos nomes e e-mail de cada persoa.

O resultado desta chapuza é unha multa de 601'01€

Máis información aquí

quinta-feira, 23 de julho de 2009

40 anos e 1 día

a

Hai 40 anos e 1 día o ditador Francisco Franco nomeou ao seu sucesor, Juan Carlos de Borbón. Deste modo o ditador asegurábase unha vitoria, a morte definitiva da República. Hoxendía "censura" é a palabra que mellor define todo o que rodea á Casa Real.

Unicamente o diario Público recolleu a nova da efeméride. Recomendo a lectura destes dous artigos:
>>El pedazo que valió una corona
>>El rey juró lealtad a Franco y todas sus leyes

Feliz democracia!