quinta-feira, 30 de outubro de 2008

A foto de outubro


Esta foto é a proba da miña adhesión á Fronte de Liberación de Ananos de Xardín. Esta organización (FLNJ) naceu en 1996 no Estado francés para loitar contra o mal gusto da pequena burguesía. Os ananos son privados da súa liberdade e obrigados a permanecer, alén da eternidade, nos xardíns das casas dos seus amos.


A FLNJ organiza rescates nocturnos para devolver aos infelices ananos ao seu ámbito natural, o bosque, onde teñen que estar.


Pois nada, foi ver ao pobre anano da foto confinado no xardín dunha casa croata e non puiden resistirme. Non o podía deixar alí, preso ao lado da desagradecida de Brancaneves.


Unha limpa incursión nocturna e... listo! Ao día seguinte foi liberado no cañón do Parque Nacional de Paklenika, nun lugar que parecía agardar a súa chegada (o corazón xa estaba)



3 comentários:

fumador disse...

Que super-fricada!!!

Xabier Pérez Igrexas disse...

Pero moi moi moi friki de dios :P

Anónimo disse...

bueee acabo de flipar, así q é verdade que es unha libertadora de ananos! JAJAJA