quinta-feira, 6 de novembro de 2008

Fidalgo, un bo capitalista


“A doutrina de Marx é omnipotente porque é verdadeira. É completa e armónica, e brinda aos homes [e ás mulleres] unha concepción integral do mundo, intransixente con toda superstición, con toda reacción e con toda opresión burguesa”

V. I. Lenin [Tres fontes e tres partes integrantes do marxismo]


As últimas declaracións de José María Fidalgo resultan tan pouco sorprendentes como as opinións da Reina Sofía, porén non deixan de ser indignantes. O Secretario Xeral de CCOO fai unha defensa anticientífica do sistema capitalista, pois segundo a súa erudita opinión “está fundado” e o “sistema alternativo” que houbo, en función dos seus amplos coñecementos históricos “tampouco tivo moito éxito”.


Obviou mencionar as contundentes probas do éxito do capital: cada día morren de sede 5.000 nenas e nenos, 925 millóns de persoas pasan fame no mundo, as dúas terceiras partes da poboación mundial vive na pobreza, o 20% da poboación do planeta concentra o 80% da riqueza...


Ningunha desas minudencias merece a máis mínima atención, aquí o único que importa é que os grandes capitalistas continúen o seu espolio concentrando cada vez máis capital en menos mans. Por ese motivo CCOO asina pactos de contención salarial, asina reformas laborais regresivas, apoia o abaratamento do despido, defende o endurecemento do acceso á xubilación...


Como bo capitalista Fidalgo declárase defensor do Consenso de Washington (1989), onde quedaron establecidas as bases do actual modelo neoliberal. Dúas desas bases son as políticas de privatizacións e a desregulación do mundo do traballo. En dito consenso marcáronse, ademais, as liñas de actuación de institucións tan democráticas e transparentes como o FMI ou o BM para impor as políticas neoliberais no mundo enteiro. Segundo Fidalgo agora toca “fortalecer as institucións” mencionadas!


Despois de todos estes disparates e carencia de rigor o exmédico defínese como “sindicalista de esquerdas”. O termo resulta tan absurdo como indicar que es humano e mamífero ou que a auga está mollada.


Ser sindicalista leva implícitas certas cuestións que o sr Fidalgo descoñece, pois en absoluto é sindicalista. Estamos ante un mercenario ao servizo da clase dominante, un burgués subvencionado, un traidor de despacho e secretarias, un reaccionario.


Mágoa que o rigor científico mostrado por Marx e Engels na análise e crítica do capitalismo non o teñan estes noxentos pequeno burgueses cando falan de socialismo ou comunismo, cuestións demasiado grandes para a súa limitada masa cerebral.


2 comentários:

Anónimo disse...

Ola boa tarde,en especial,para a "subversiva " do Blog,a ver,o Hidalgo de marras(Jose Maria),non foi o que firmara con Cuevas(o finado)e con Asnar,o tema das ETTs ??,lembro que cando o PP estivo no poder,CCOO,nn facían Folgas,pero cando en Madrí trocou de goberno.....!! a por ellos !!...e CC OO,rexurdiu despois de 8 anos de Asnarismo,e nunha desas manis convocadas en Madrí,un folguista de Telefonica(e o fixeron en tendas de campaña), petoulle con un pao na testa a o tal Hidalgo,o curioso é que ,o delegado en folga ,levaba a pegata de CC OO,e digo eu,¿porqué lle zoscou iste traballador de CC OO,a o seu segredario,o sr. Hidalgo ? , unha aperta SUBVERSIVOS , e o día 13 de Novembro , á rúa,que a crise non é un invento dos traballadores,polo tanto, a crise que a pague o Capitalismo,que ainda por riba,prestaron cartos públicos pra manteren ás Caixas,pero pra colmo,os cartiños que teñen as Caixas.......SON NOSOS....,manda carallo , saúde e o día trece á rúa , txema

Anónimo disse...

Mirade unha cousa - entrade en YouTube-e poñedes - ODA AL BNG, e quedadevos co remate do Video,ísto da arrepio,unha aperta , txema