segunda-feira, 15 de dezembro de 2008

Fascistas en declive


Un, meneiño para diante meneiño para atrás. De tirano mundial a esquivar ós zapatos dun iraquí con dignidade. Mágoa que sobrio teña reflexos.




Outro, nostálxico perdido de aqueles anos nos que asinaba penas de morte e asasinaba manifestantes cando saían da igrexa. Cos ollos pechados e nun idioma inintelixíbel anuncia querer "colgarnos dalgún sitio". Ven cando queiras, xa teño a xoga preparada.


4 comentários:

Anónimo disse...

pena dun zapatazo a fraga, de seguro non tiña tan bos reflexos como o bush e daballe na cara

Anónimo disse...

Boa noite subversivos,ben,despóis de ler o comentario de Silvia,sobor as asinacións e asasinatos,eu tamén quero engadir que,cando vivía naquelas terras (euzkadi),eu teria como 6 ou 8 anos,(é cando millor che quedan as imaxes da vida),pois ven ó fío de que cando eran as festas da Vila,os alguacís(policia municipal),petaban nas portas de toda a veciñanza,para entregar unha bandeira española (co corvo,por suposto),pra que penduráran cada quen na súa fiestra ou balconada,e ó día seguinte ,todo aquel veciño que non tivera a bandeira esposta á rúa,eran sancionados co cárcere,así de claro e así de crú,outra máis,a mín (e aos que éramos fillos ,de galegos no meu caso),por dúas veces chamáronme a atención por saír ou ter compañéiros baskos,¿mentira?,pois vai ser que non,é tan real coma que estou a facer iste comentario,e agora,teño que aturar a Fraga o que ghomite polo seu ano debaixo do nariz,ben,aló polos anos 67,aparecera morto un crego,nunha parroquia pertencente á vila onde eu nascín, por suposto morreu " de morte,matada ",estaba claro,era nacionalista,e agora como consinten a iste NAZIonalista español,racista,xenófobo,imperialista,antidemócrata,que ainda non fai duas semáns,afirmou que o CHÉ,era un asasino,con toda a sinxeleza,noutro país a Fraga,xa o terían internado por non dicir,NO CÁRCERE, e remato,é unha mágoa que eu non poida ver a este fascista,xulgado e no cárcere,claro que,certa sociedade tamén ten culpa,unha aperta e grazas por me deixaren botar unhas liñas de cando en vez,e perdoade se cometo algunha falta de ortografía,boa noite,e adiante contra o feixismo,pero ca lei na mau

txema

Anónimo disse...

pero cando Bautista di que "Aqueles que falan do perigo do español pola invasión do galego serían fusilables", por poñer un exemplo, entón fainos gracia... non é isto de NAZIonalista??, non que va... eso é dun auténtico demócrata....
é que os nacionalista estamos privados do sentido da autocrítica????????????????????

xOsedorrio disse...

Fraga ten 86 anos e o que di debe terse tan en conta coma o que di un neno de 6. ¿Que é senador? Vale! Pero iso non é culpa súa, será de quen o puxo ahí, o Parlamento Galego cos vos en contra do PP.

Ditos:Agora dicir pode decirse de todo, afortunadamente, somo máis libres que noutras eras. O que din uns e outros, e refirome ós partidos, non é máis que ruido electoral.

Feitos<ningún. O Parlamento Galego debería retirarlle a Fraga a confianza que lle deu no seu día e esixirlle a dimisión. Iso sería coherente, pero pedirlle a clase política que sexa coherente é ser moi ambicioso.

Sobre o zapatazo de Bush... un castigo inmerecido. El merece moito máis.