terça-feira, 13 de janeiro de 2009

O delito de existir

O número de palestinos mortos en gaza xa superan os 900

O que nunca poderán matar as bombas covardes do Estado xenocida de Israel (IV Reich), o que nunca vai facer calar o silencio cómplice e asasino da comunidade internacional; é a voz, a simple e poderosa voz, dunha nena palestina que representa a teimudez dun pobo que quere existir.



De que se defende Israel? Do dereito a existir do pobo palestino.
Por que a comunidade internacional, salvo honrosas excepcións, non fai nada? Porque Israel está aí para defender os seus intereses.
Miserentos!!

Non é momento para silencios cómplices nin para ver cara outro lado.

Domingo 18 manifestación nacional en Compostela, ás 12h desde a Alameda.

Galiza con Palestina. Non ao masacre!

6 comentários:

Carlos Callón disse...

Este domingo Galiza será Gaza!

Non pode faltar ninguén!

xOsedorrio disse...

É estremecedor escoitar a unha nena chamando a guerra dende un colexio -digo, por que me parece un colexio-.

Eu quero invitarvos a facer unha reflexión da verdadeira orixe do problema e pensedes si de verdade vos parece normal que unha nena diga esas palabras.

Si unha e outra parte no conflicto educan ós seus fillos no odio, como poderán os seus descendentes vivir en paz? O caso desta nena, sería a redacción que os seus docentes lle puxeron como deberes?

É normal sentir odio por quen te está bombardeando cada día e matando veciños, amigos, familiares,... ó teu pobo, pero é normal que ese odio se ensine nos colexios?

Eu, tras ver estas imaxes, quedei abraiado e sen esperanza de que algún día xudéos e palestinos poidan convivir en paz.

Silvia Bermúdez Pérez disse...

A nena chama a unha guerra para denunciar a opresión e destruír o sionismo. Cousa que comparto, ao igual que compartiría que un neno xudeu dun campo de exterminio chamara a unha guerra para denunciar o exterminio e destruír o nazismo.

A esperanza da que falas se perde cada vez que Israel retén arbitrariamente ambulancias palestinas nos seu controis arbitrarios, cada día que Israel non se retira dos territorios ocupados, cada día que o muro da vergoña sigue en pe, cada vez que un palestino ten que facer 200km extra por culpa do puto muro, cada vez que unha familia palestina ten que enterar a un fillo porque segundo Israel era "terrorista", cada vez que nunha casa palestina non hai auga porque Israel cortou o suministro, cada vez que nunha casa palestina non hai pan porque Israel mantén o bloqueo, cada día que pasa sen que miles de palestinos podan regresar ás súas casas...

Se ti creceras con esa realidade sobre que escribirías às túas redaccións de colexio?

É duro escoitar as verbas da nena, máis é o reflexo da súa realidade

xOsedorrio disse...

Supoño que si vivise nun clima de guerra e opresión desexaría a paz e a liberdade... e sobre iso escribiría.

Ninguén que sufra un guerra pode desexar máis guerra si non é dende a sinrazón, por iso me preocupa que os nenos palestinos clamen a guerra.

O próximo domingo hai unha manifestación en Santiago. Que se vai pedir alí, guerra contra israel, contra o pobo xudéo? Non, creo que todos desexamos a paz... máis que vive Gaza.

Insisto, creo que tanto xudeos como palestinos están alimentando xa a guerra do futuro. Mágoa.

Silvia Bermúdez Pérez disse...

Falar de xudeos e palestinos e un tanto tendencioso. Pois existen xudeos contrarios ao Estado de Israel.

Considero que debemos falar de palestinos e sionistas. E resulta tremendamente inxusto poñer a ambas partes no mesmo plano, pois os primeiros intentan resistir e os segundos pretenden exterminalos.

xOsedorrio disse...

Refírome a xudeos de Israel onde, por certo, ninguén se manifesta contra a masacre, non?