domingo, 28 de junho de 2009

Violencia?

a
O certo é que hai tempo que deixei de ler a prensa tradicional. O meu estómago impídeme dixerir a propaganda que o pensamento único difunde en forma de noticia. Xa estou farta. Medias verdades, titulares trucados, feitos descontextualizados, morbo... de todo excepto información.

Porén, a miña presencia nalgunhas redes sociais, como o feisbuc, permíteme coñecer algúns destes diparates informativos.

Publica certo xornal que estas son as "armas" supostamente incautadas aos traballadores do metal durante os días de folga:


Na foto, distribuida pola Subdelegación do Goberno, podemos contemplar estes terroríficos obxectos de violencia: parafuxos, tuercas, arandelas, unhas gafas!! E eu manifestándome tranquilamente con esta xente.

Aínda que, agora que o penso, teño unha lixeira sospeita, improbábel, mais non imposíbel. Todas estas cousas non serán ferramentas de traballo? Non será normal que un traballador na súa funda de traballo teña varias destas cousas?

Se os folguistas foran mestres cales serían as súas armas? Bolígrafos, libretas, lapiceiros, gomas...

Sem comentários: