sexta-feira, 29 de outubro de 2010

Marcelino Camacho


Primeiro os dereitos conquístanse, despois deféndense e nalgunhas poucas ocasión hai que impoñelos

Marcelino Camacho


Naceu o 21 de xaneiro de 1918 nunha familia traballadora. Consumiu as súas enerxías loitando por un mundo mellor, contra un sistema inxusto onde a maioría da poboación (clase traballadora) é explotada por unha minoría (clase capitalista).


Defendeu como soldado a 2ª República. Lamentabelmente os bos e xenerosos perderon (perdemos) a batalla e os imbéciles e escuros iniciaron a súa longa noite de pedra. Catorce anos de cárcere, campos de concentración, traballos forzados e quince anos no exilio foi o prezo que a sen razón obrigou a pagar a un home coherente polo delito de existir, de pensar, de loitar polo xusto.


Foi elixido deputado polo PC nas primeiras eleccións lexislativas, 1977, tras 40 anos de ditadura, en 1981 abandona o seu escano por coherencia coa defensa dos intereses da clase traballadora e centra os seus esforzos nas Comisións Obreiras (das que foi fundador e primeiro Secretario Xeral).


A súa vida é un exemplo de militancia e coherencia. Sacrificou a súa liberdade e a súa acta de deputado para cambiar a orde criminal que impera neste mundo demente. Como moi ben dixeches “ni nos domaron, ni nos doblaron, ni nos van a domesticar”. A ti non Marcelino, a nós tampouco.


A traición do seu sindicato foi vomitiva (ver vídeo). Grazas Marcelino por non rendirte.


1 comentário:

Anónimo disse...

Moi dacordo con este post, Silvia, Marcelino foi sempre un loitador e sempre estibo o caron da clase traballadora.

Cousa que non fai o sindicato do cal formava parte CCOO, apesar de que el sempre tivo unha posición moi critica.

Marcelinmo a loita continua!!!