quinta-feira, 9 de dezembro de 2010

Vergoñento!!

Una vez máis o goberno do PSOE ataca á clase traballadora ao tempo que regala millóns de euros á patronal. O 27 de novembro Zapatero reuniuse cos 37 empresarios máis poderosos do Estado español, uns días despois o goberno anunciaba unha serie de medidas que benefician aos especuladores, aos culpábeis da crise a costa de empobrecer á clase traballadora.


É vergoñento que o goberno do PSOE sexa o títere dos intereses da oligarquía económica e aplique sen rechistar as reformas que benefician aos multimillonarios. Os empresarios que marcaron a axenda política do goberno son os culpábeis da crise. Son bombeiros pirómanos que empobrecen a clase traballadora para garantir os seus beneficios inmorais.

>>Medidas de ZP que enriquecen aos multimillonarios: redución do imposto de sociedades, máis subvencións para as empresas, privatizacións de empresas públicas rentábeis...

>>Medidas de ZP que empobrecen á clase traballadora: supresión da axuda de 426 € para as persoas desempregadas que non cobran prestación. Será que teñen a culpa da crise?


1 comentário:

Anónimo disse...

Eu tamén estou indignado. Non se pode deixar a persoas que non poden exercer o seu dereito a un traballo dino, sen unha axuda (mínima) para manter un halo de esperanza nas suas vidas.. Na miña comunidade hai un piso no que os inquilinos non pagan a auga quente e a calefacción dende algún tempo, coa consecuencia de que cada vez que falta o gasoil a empresa se fai a remolona e pasamos un ou dous días sen ninsiquera ducharnos con auga quente. Se non pensamos con sutil tranquilidad iríamos enrriba de iste veciño a increpalo e obligalo a que pague as suas débedas. Sempre hai algún sinvergonza que ainda tendo diñeiro, pasa de todo. Pero son os menos, o mais probable é que sexa un de tantos perxudicados pola crise, non de falta de diñeiro, se non de traballo co que gañar un salario digno para vivir sen luxos pero con dignidade. Ahí está a crise, os banqueiros nin a cheiran...

Saudiños,