domingo, 8 de março de 2009

10 de marzo: Día da Clase Traballadora Galega


“O home que dubida e teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten coraxe para manterse no seu posto de perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño.
Un home de verdadeira fé nos ideais que predica, e con coraxe para remediar as desventuras do povo, vai cara o trunfo cando se poida e como se poida”

Daniel Castelao [Sempre en Galiza]


Os sucesos acontecidos no 72 en Ferrol, enmárcanse na loita dos traballadores da Bazán por un Convenio digno, reclamando a súa negociación na Galiza. O 7 de marzo o Convenio Colectivo Interprovincial é asinado en Madrid o que produce o endurecemento do conflito.


O 10 de marzo de 1972 os traballadores da Bazán marchan en manifestación á ponte das Pías. Ao chegaren ao cruce da estrada de Castela atopáronse cos cans de presa do réxime franquista; a Policía Armada, que reprime brutalmente a mobilización obreira. Os mercenarios do sistema disparan e asasinan a Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García.


Amador, Daniel, a loita continúa!


Acude ás manifestacións da CIG

>>Ferrol, ás 19:30 desde o local da CIG

>>Vigo, ás 20h desde Vía Norte


3 comentários:

Anónimo disse...

mola que sexa o dia da CASE traballadora galega.

que era? que quería traballar e non foi quen?


saúdos!

Anónimo disse...

Fun testigo presencial,cando tiña dezaoito anos,pasaban uns poucos minutos das oito da mañá,cando ía cara ó meu lugar de traballo,houbera moitos feridos,pero dúas horas máis tarde,Ferrol foi tomado polas FOP,Fuerzas de Orden Público,e a Guardia Civil,que os que alí estabamos,as únicas "armas" que tiñamos pra nós defender,eran pedras e restos de "ladrllos dunhas obras que habia ó carón da estrada,día de tristura,pero un trunfo prá Loita Obreira,tamén teño que dicir que,Vigo quedou paralisado,en apoio á Comarca de Ferrolterra,
grazas Silvia,por lembrar-nos,aquel fatidico día,pero que o mesmo tempo,mereceu a pena, por que acadouse moitos diréitos para a Crase traballadora,que naqueles intres,non existían, Grazas outra vez , por todo, e até a loita final,unha aperta

txema

Anónimo disse...

O blog e moi bonito, frases celebres de grandes intelectuais e actos heroicos. Pero a hora da verdade ¿quen che axuda?¿quen da a cara? ¿temos todos un prezo?; eu creo que primeiro hai que aceptar a auto-crítica para poder camiñar coa cabeza erguida e logo demostrar que estás "co pobo e para o pobo" sen esperar alago. Así que a poltica ou o sindicalismo as dúas cousas son incompatibles ¿non crees?.....
busca o lobo na casa e seguro que lle ves o rabo. Luita e demostrate que es un mais. Arriba Galiza!!! e levantemos o noso país.

P.D : "Más vale morir de pie que vivir siempre arrodillado"
Che Guevara