En moitas ocasións as presas, auténtica lacra da sociedade occidental, impídennos gozar deses pequenos praceres da vida, que son, o berce da felicidade.
Nunha estrada perdida de Turquía, un fío de asfalto no medio dunha paisaxe lunar, entre Diyarbakir e Sanliurfa; decidimos facer un alto no camiño para saborear a mellor das sandías. Foi entón cando observamos isto, o ceo. Simplemente o ceo.
2 comentários:
Eu cada vez estou máis por abandoar o frenesí ao que nos forza o sistema, e adicarme a vía contemplativa, que a dicían os presocraticos que era o único vieiro até a felicidade...
Quero licor café, moito fume de tabaco, conversas até deshora no Uf, jazz e música galega, e como non francesa, quero discutir sobre libros... e volver desfrutar da soidade nun parque de madrugada...
Fuxir da sofisticación.
Como indica o poeta Luis García Montero "con tantas prisas en la existencia, no hay esencia que resista"
Enviar um comentário