quarta-feira, 20 de agosto de 2008

O regreso


De Istanbul a Harran. Da porta entre Europa e Asia á antesala de Siria. Como sempre o mellor da viaxe son todas esas cousas imposíbeis de contar. As sensacións, os olores, as vivencias.

O regreso sempre é esgotador. Despois de doce intensos días intentando absorber todo o que pasa ao teu redor, chega a desidia da vida real, ou será da irreal? Non teño ganas de escribir, agora repaso cada foto, cada instante de tempo conxelado, para saborear a viaxe.

PD: definitivamente, vou dotarme doutro recuncho na rede para contar as miñas aventuras e desventuras no mundo, coa única intención de espertar en quen le a paixón por descubrir o instante e o mundo no que vivimos.

1 comentário:

Xabier Pérez Igrexas disse...

viaxar máis que unha práctica de lecer, é unha pura necesidade... eu sempre que regreso dunha viaxe, inda que sexa curta e non demasiado lonxe, aos poucos días teño certa nostalxia das sensacións vividas... desfruto inmensamente das rúas alleas, de visitar lugares novos...

Ánimo con ese novo espazo na rede, no que falar das viaxes... algúns seguiremos a lerte a cotío, coma sempre. Unha recomendación/consello para esa nova bitácora: creaa en www.blogaliza.org

Un día tes que ensinarme as fotos!!!