terça-feira, 29 de junho de 2010

Crise, que crise?


A alta direción das grandes empresas non sufre os efectos da crise. Mentres millóns de mileuristas teñen que facer funambulismo para chegar a fin de mes uns poucos privilexiados reciben remuneracións millonarias.

Estes son algúns exemplos dos escandalosos salarios da alta direción no ano 2009:

-Alfredo Sáenz (Banco Santander).................................10'2 millóns de euros
-Ignacio Sánchez (Iberdrola)............................................8'3 millóns de euros
-Francisco González (BBVA)...........................................8'1 millóns de euros
-Francisco Luzón (Banco Santander).............................5'8 millóns de euros
-Matías Rodríguez Inciarte (Banco Santander)................5'3 millóns de euros
-Antonio Brufau (Repsol)..................................................4'2 millóns de euros
-Fernando Martín (Martinsa-Fadesa)................................2'6 millóns de euros

Por que o "axuste" non comeza por estes pobres millonarios?

sexta-feira, 25 de junho de 2010

Vencer a ideoloxía do sacrificio

“Os que traballan teñen medo de perder o traballo. Os que non traballan teñen medo de non atopar nunca traballo. Quen non ten medo á fame, ten medo á comida”

Eduardo Galeano


O capitalismo salvaxe está a impoñer plans de austeridade e contrareformas laborais e sociais perxudiciais para a inmensa maioría da poboación, co único obxectivo de satisfacer as exixencias das entidades financeiras causantes da crise e garantir a acumulación do capital, de quen máis ten. Todos e todas perdemos dereitos e garantías por unha crise que non causamos mentres os actores directos saborean os seus benficios e amasan fortunas inmorais.


Para lexitimar esta desvergoña predican a ideoloxía do sacrificio e do medo. Temos que aceitar sumisamente estes retrocesos en nome do “mal menor”. Unha e outra vez repiten a mesma patraña “a cousa vai mal e podería ir peor así que hai que facer sacrificios”. O curioso é porque non fai estes sacrificios Alfredo Sáenz, conselleiro delegado do Banco Santander, que no ano 2009 cobrou 10’2 millóns de euros; ou Francisco González, presidente do BBVA, cunha remuneración de 8’1 millóns de euros, tamén en 2009.


Estamos ante unha ofensiva ideolóxica preocupada por garantir as marxes de beneficio das grandes empresas e o proceso de acumulación xenocida do capital. As condicións de vida das clases populares é sacrificada polo estatus dunha élite cada vez máis poderosa.


Para comprender esta estratexia basta con ilustrar o caso de Seat en Cataluña:

· Seat suscribiu un acordo de conxelación salarial aprobado en referendum polo 65% das traballadoras e traballadores. En 2009 os salarios permaneceron conxelados e no presente ano serán incrementados na metade da inflación.

· A cambio a factoría comprometeuse a fabricar o novo Audi Q3.

· A Generalitat de Catalunya subvenciona a fabricación do novo modelo con 300 millóns de euros.

· Francisco Javier García Sanz, presidente do Consello de Seat, obtivo unha remuneración de 9’5 millóns de euros en 2008.

· Seat presentou 4 EREs de suspensión do emprego.


O exemplo de Seat demostra como as empresas logran enormes beneficios baixo o chantaxe aos seus traballadores e traballadoras, que viven atemorizados pola constante ameaza de perder o seu posto de traballo. Este novo modelo de escravitude e dominación e calificado como exemplo de esforzo e responsabilidade.


Temos que vencer a ideoloxía do medo e do sacrificio e loitar contra este modelo de produción suicida que condena a máis de 1.000 millóns de persoas a desnutrición crónica e que destrue o planeta no que vivimos. Contra a ditadura dos mercados financieiros organización e loita sindical.



terça-feira, 22 de junho de 2010

José Saramago, o compromiso

As tres enfermidades do home (e da muller) actual son a incomunicación, a revolución tecnolóxica e a súa vida centrada no triunfo persoal"
José Saramago

O brillante escritor portugués deixounos moito máis que literatura. Deixo aquí unha intervención súa onde denuncia o secuestro da democracia por superestruturas que deciden sobre as nosas vidas sin ser elixidas por ninguén.

Onde está a democracia?



domingo, 13 de junho de 2010

Como cambiou o conto!

Este vídeo non ten desperdicio. Compre escoitar con atención como Pepe Blanco ataca ao PP, o acusa de querer facer o que agora está facendo o PSOE. Menudos hipócritas e mentireiros!



As declaracións son de setembro de 2008. En que momento do espazo tempo o PSOE decidiu transformarse en PP? Vendidos e cobardes!

segunda-feira, 7 de junho de 2010