Mostrar mensagens com a etiqueta banda sonora. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta banda sonora. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 13 de novembro de 2009

Sete anos despois... NUNCA MÁIS

s

Foi unha maré de morte e incompetencia contestada por unha onda de conciencia e dignidade. Sete anos depois, NUNCA MÁIS



domingo, 28 de junho de 2009

Castelao 25 anos despois

s
Hai 25 anos foron trasladados os restos de Castelao a Bonaval. O poder intentaba manipular os restos do político e enterrar así o nacionalismo galego. Militantes nacionalistas, entre os que estaban Anxo Quinatana e Bautista Álvarez, manifestáronse pola dignidade de Castelao e de Galiza. A narración da locutora, no que foi o seu último día de traballo, é impresionante.



Alfonso Daniel Rodríguez Castelao viuse na obriga de fuxir da súa terra e deixou ben clariño que só regresaría a unha Galiza liberada. Compañeiro somos o teu exército e non esquecemos!!




terça-feira, 26 de maio de 2009

Moving

Unha canción para o optimismo. Difícil escoitala sen bailar

Vídeo oficial:



Unha boa versión:



Web oficial do artista

sábado, 25 de abril de 2009

25 de Abril, SEMPRE!



Hoxe rompo o meu silencio nesta bitácora para rendir o meu humilde tributo á Revolución dos Cravos. O 25 de abril de 1974 Rádio Renascença retransmite a revolucionaria canción de José Afonso, "Grándola, Vila Morena". Esta é a sinal pactada polo Movemento das Forças Armadas (MFA) para ocupar os puntos estratéxicos de Portugal. Seis horas despois, o réxime fascista de Salazar era derrubado.

O pobo portugués foi o actor principal deste proceso revolucionario.




Moi clarificador o discurso realizado hoxe por Joao Oliveira, en nome do PCP, na sesión conmemorativa do 25 de Abril na Asamblea da República portuguesa. Compre perder oito minutos escoitando a súa brillante intervención:


Quen prefira a leitura pausada deste discurso que pinche aquí

Recomendo a vosa atenta visita a esta web, con interesantes documentos de audio e video.

segunda-feira, 30 de março de 2009

L'estaca (Lluís Llach)


Quen non sinta emoción algunha escoitando está canción ten menos sentimento que un trozo de marmol. Hai anos, disfrutei do directo deste son (foi nunha Acampada Jove, organizada polas JERC) e... impresionante. Segur que tomba i ens podrem alliberar... Miles de persoas cantando cunha soa voz baixo unha noite iluminada pola luz dos chisqueiros. Aínda sinto esa sensación no estómago.



Grazas a Lluís Llach e grazas a todas as persoas que o arriscaron todo para loitar contra o franquismo, contra a sin razón dun réxime que negaba a esencia de toda persoa; o dereito a ser. Por moito empeño que poñan algúns en practicarnos unha amnesia programada NON ESQUECEMOS.

L'estaca (Lluís Llach, 1968)

L'avi Siset em parlava
de bon matí al portal
mentre el sol esperàvem
i els carros vèiem passar.

Siset, que no veus l'estaca
on estem tots lligats?
Si no podem desfer-nos-en
mai no podrem caminar!

Si estirem tots, ella caurà
i molt de temps no pot durar,
segur que tomba, tomba, tomba
ben corcada deu ser ja.

Si jo l'estiro fort per aquí
i tu l'estires fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba,
i ens podrem alliberar.

Però, Siset, fa molt temps ja,
les mans se'm van escorxant,
i quan la força se me'n va
ella és més ampla i més gran.

Ben cert sé que està podrida
però és que, Siset, pesa tant,
que a cops la força m'oblida.
Torna'm a dir el teu cant:

L'avi Siset ja no diu res,
mal vent que se l'emportà,
ell qui sap cap a quin indret
i jo a sota el portal.

I mentre passen els nous vailets
estiro el coll per cantar
el darrer cant d'en Siset,
el darrer que em va ensenyar.



PD: grazas tamén ao amigo Fran Rei por darme a coñecer este vídeo vía facebook.

domingo, 8 de fevereiro de 2009

Unha canción para vivir a vida


Despois dun día extraño e ao tempo que preparo unha nova entrada, deixo unha canción de Coldplay.

domingo, 23 de novembro de 2008

Unha canción para a policía aplicada

Con especial cariño a eses cumplidores funcionarios da anterior entrada (tamén coñecidos como policías).


quarta-feira, 15 de outubro de 2008

Serenade, un canto á vida nun día gris

Coa foto do mes de agosto quixen facer un alegato á lentitude, ao dereito a saborear eses pequenos praceres da vida incompatíbeis coas presas. Hoxe quero compartir este precioso e conmovedor vídeo. Un auténtico canto á vida, ás ganas de vivir até o último suspiro.

Se este vídeo non produce en ti sentimento ou emoción algunha é que xa non tes pulso, o teu corazón está parado.

O grupo Dover decidiu organizar un concurso para premiar ao mellor videoclip da súa versión de Serenade. Este foi o vídeo gañador, realizado na residencia para maiores de Alcañiz (Teruel) e protagonizado por quen pasa o seu tempo na mesma.

terça-feira, 27 de março de 2007

Born in the USA



Esta é a frase desgarradora que repite unha e outra vez o bo de Bruce Springsteen na que, para algúns, é a súa mellor creación. O aclamado artista berra no seu micrófono a triste historia dun americano que loitou no Vietnam por un Estado que sempre o deixara de lado. Porén, ese suposto soño americano, construido sobre mentiras, polo que matou na guerra imperialista, o condena ao seu regreso, ao esquecemento e á marxinalidade.

Non hai cabida para os desmembrados, depresivos… que non atopan o seu lugar na sociedade civil. O espíritu americano honra aos militares no campo de batalla pero renega deles cando padecen as consecuenzas do combate. Para os yankis aquilo que lles fai sentir incómodos, que evidencia as contradicións do seu sistema, simplemente non existe.

A bandeira pola que matou o protagonista da canción de Bruce cúspelle na cara e o sumerxe no alcol. EEUU xa non ten lugar para el, un simple engranaxe de usar e tirar.

Din que o que caracteriza as obras mestras é a súa inmortalidade, nese caso a canción do boss é, sen dúbida, unha obra mestra. Explícome.

Hai cinco anos as Torres Xemelgas eran reducidas a cascallos, máis de dúasmil vidas derrubáronse con elas. Axentes de bolsa, camareiras e camareiros, oficinistas, policías, telefonistas, cociñeiras e cociñeiros, inmigrantes sen papeis, bombeiros… O imperio puxo o seu mecanismo en marcha para mostrar, dentro da traxedia, a gloria do espíritu americano.

A censura condenou ao esquecemento ás persoas que saltaron desde a Torre Dúas a unha morte segura. Esa realidade de desesperación resulta incómoda e por iso simplemente non existe.

O que si existe no 11-S é a homenaxe solemne ás vítimas e a glorificación dos heroes. Entre eses heroes están as miles de persoas que traballaron, ben de xeito remunerado ben de xeito voluntario, nas tarefas de recollida dos cascallos durante varios meses.

Estes homes e mulleres traballaron entre cinzas que cheiraban a carne chamuscada, recollendo restos humanos. Respirando un aire tóxico do que ninguén lles alertou
[1], sen protección algunha ou, no mellor dos casos, cunha ridícula mascarilla de papel. Amianto, chumbo, mercurio, dioxina, asbesto, benceno… este foi o caldo tóxico inhalado por máis de 40.000 persoas.

Mentres a propaganda oficial glorifica a súa labor, a triste realidade demostra que foron pezas de usar e tirar.

Ninguén fala de que o 70% das persoas que limparon a Zona Cero presentan na actualidade graves problemas de saúde
[2]; enfermidades de fígado, úlceras, gastritis, refluxo, deficiencias cardíacas, insomnio, problemas respiratorios, debilidade, depresión, larinxite, sinusite, tos do World Trade Center (expulsar partículas de po e hollín), enfermidades cutáneas, risco de cancro… É o alto prezo a pagar pola inhalación de tóxicos.

A realidade destes heroes é variada. As persoas máis “afortunadas” reciben apoio a través de fondos privados ou fundacións mentres outras padecen o máis absoluto dos abandonos. Neste último grupo están os milleiros de inmigrantes sen papeis que traballaron na limpeza da zona. Son a parte invisíbel do sistema americano. Realizan durante doce horas ao día (ou máis), ese traballo sucio co que ningún bo estadounidense mancha as súas mans. Son persoas anónimas, sen rostro.

Estes heroes sen papeis están, como antes do 11-S, fóra do sistema. O mesmo estado que glorifica o seu traballo heroico, négalles agora a cobertura sanitaria que precisan. Deixados a súa sorte sofren as náuseas do soño americano que nega o seu dereito á saúde. Esta é a noxenta realidade do espíritu americano.

Isto é América, todo é posíbel, sempre e cando o pagues, claro.



"Adico este artigo a todas as persoas que loitan por romper o silencio"

Setembro 2006


[1] A máxima responsábel da Axencia de Proteción do Medio Ambiente, dos EEUU, afirmaba, unha semana despois dos atentados, que respirar o ar da Zona Cero carecía de perigo algún.
[2] Informe realizado polo centro médico Mount Sinai, de Nova Iorque, tras examinar a 9.500 persoas que participaron na limpeza dos cascallos das Torres Xemelgas.