"Non pechemos os oídos á palabra de Jesús, quen dixo: deixade que os nenos achéguense a min"
Antonio Cañizares (cardeal casposo)
Con esta cita pecha Cañizares a súa iniciativa para
adiantar a idade da comunión católica aos menores de sete anos, pois como xa establecera Pío X a partir desa idade tense uso de razón e claro, para celebrar este sacramento mellor non ter aínda uso de razón (cuestión historicamente condenada polo catolicismo en particular e as relixións en xeral)
Segundo o cardeal
"de cara ao que está pasando aos nenos e o ambiente tan adverso no que crecen, non temos que privalos do don de Deus". Parece que a Igrexa está consumida na impaciencia de salvar almas canto antes non vaia a ser que aos nove anos Satanás impida aos inocentes
"ser o que Deus quere deles" e os deixe ser o que eles e elas queren.
O catolicismo perde clientela
(por que será?) e quere impoñer as súas verdades dogmáticas canto antes. Claro que se a cuestión é "salvar almas inocentes" deberían comezar a predicar co
exemplo.
Ao tempo que estes personaxes defenden retroceder 100 anos eu teño que pagar a visita do seu xefe, o Papa, a Compostela. Segundo a Xunta de Galiza o
gasto será de 4 millóns de euros!! 2 millóns para pagar os gastos de retransmisión da visita e o resto para o percorrido no papamóvil desde o aeroporto até a cidade. Toma crise!
Falando de Deus...