Mostrar mensagens com a etiqueta o meu blog. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta o meu blog. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 7 de junho de 2010

domingo, 8 de novembro de 2009

Estou viva

c
Non, desgrazadamente as miñas vacacións non duraron tres meses, tampouco fun secuestrada, nin casei, nin entrei nunha comuna antitecnoloxía. Tampouco estou morta, Simplemente cain na tentación do pecado capital máis antirevolucionario (e aburrido), a preguiza.

Teño que actualizar o blogue, teño que actualizar o blogue... Mañá, a próxima semana, o próximo mes... Nada. Nunca aparecía o momento. E non sei por que pero o momento é hoxe.

Aquí estou de novo para loitar contra a mediocridade, contra a tiranía do pensamento único... ou simplemente para compartir a miña realidade con quen guste.

terça-feira, 4 de agosto de 2009

quinta-feira, 21 de maio de 2009

Definición de troll


As persoas que tedes que convivir con estos seres (sería máis correcto dicir "soportar") pasaredes un bo rato con esta viñeta de Mauro Entrialgo.




quarta-feira, 15 de abril de 2009

Procesando...

Perdoade a ausencia.

Procurarei actualizar en breve esta bitácora. Agora estou procesando a miña última aventura e resistindo a unha semana con catro asembleas e só sete días.

terça-feira, 28 de outubro de 2008

O meu parecido

Acabo de ler a última entrada de Xabier e o xogo parece divertido.

MyHeritage ofrece a posibilidade de transformarnos nunha persoa famosilla, mediante a aplicación máis inocua das técnicas de recoñecemento facial. Se Xabier tiña que ter nacido muller eu tiña que ter nacido home. Xa lle gustaría ao Michael Kiske ese!

quarta-feira, 24 de setembro de 2008

Adiviña


Agora mesmo non estou. E ti dirás, outra vez? Pois si. Vou empregar este último suspiro das miñas vacación en coñecer Croacia (Hrvatska).

E que podo deixar no blog na miña ausencia? Pois vai ser algo que permita interactuar a quen ledes isto e que, ao mesmo tempo suscite certo interese polo meu regreso; unha adiviña.
Sempre gustei de problemas lóxico-matemáticos, especialmente cando semella non haber datos suficientes para atopar a solución. Vence o impulso inicial da rendición, colle papel e lapis e xa verás como pensando un pouquiño das coa resposta.


Brais trata de saber o número da casa onde vive Noa, todo o que sabe é que na rúa de Noa os números van do 8 ao 100 (ambos inclusive).

Brais pregunta, é maior de 50? E Noa responde, pero minte.

Entón Brais pregunta, o número é múltiplo de 4? Noa responde e minte de novo.

Brais pregunta, é un cadrado perfecto? Noa contesta e di a verdade.

Finalmente, Brais pregunta, o primeiro díxito é 3? Noa responde (non sabemos se di a verdade ou minte).

Brais di o número …. Mais o número é incorrecto!

Cal é o número da casa de Noa??
Nota: Brais pensa que Noa sempre di a verdade.

quarta-feira, 20 de agosto de 2008

O regreso


De Istanbul a Harran. Da porta entre Europa e Asia á antesala de Siria. Como sempre o mellor da viaxe son todas esas cousas imposíbeis de contar. As sensacións, os olores, as vivencias.

O regreso sempre é esgotador. Despois de doce intensos días intentando absorber todo o que pasa ao teu redor, chega a desidia da vida real, ou será da irreal? Non teño ganas de escribir, agora repaso cada foto, cada instante de tempo conxelado, para saborear a viaxe.

PD: definitivamente, vou dotarme doutro recuncho na rede para contar as miñas aventuras e desventuras no mundo, coa única intención de espertar en quen le a paixón por descubrir o instante e o mundo no que vivimos.

terça-feira, 5 de agosto de 2008

Pechado por vacacións (bis)

Máis vacacións.

Non son persoa de viaxes-tipo, fabricados en serie por grandes tour operadores. Itinerarios prefabricados para que, tamén nas vacacións, todas e todos fagamos o mesmo. Sen saírnos da raia, sen improvisar.

Caravanas interminábeis, praias ateigadas, macro-concertos... Nunca fun protagonista dunha desas estampas típicas do verán. Son máis de esbozar unha aventura e definila no terreo. Día a día, paso a paso.

Agora mesmo vou camiño dos Montes Taurus (Sur de Turquía, fronteira con Siria). Seis días de travesía para descubrir este recuncho do mundo paso a paso. Despois uns días na Capadocia. Finalmente regresarei o domingo 17.


Pensei en deixar entradas programadas durante a miña ausencia, para mentir á realidade e estar cando non estou. Mais penso que sería traizoar a esencia do blog. Detido no tempo, estará este caderno, até o meu regreso.
Quen visita esta bitácora pode aproveitar para navegar por esas entradas antigas que descoñece, ou ler ese post para o que nunca hai tempo.
PD: tal vez o meu próximo proxecto sexa un blog de viaxes, tal vez.
Saúdos, e grazas por estar.

domingo, 13 de julho de 2008

Pechado por vacacións

Estou de vacacións!!

Estes días vou a percorrer a Ría de Vigo en piragua; Arcade – Moaña – Cangas - Illas Cíes – Baiona – Nigrán - Vigo.

Xa pensei que non chegaba este momento! Porén, o bo dura pouco, así que o martes 22 estarei de volta.

Nese tempo, este espazo na rede, permanecerá inmóbil, agardando ao meu regreso.

segunda-feira, 2 de junho de 2008

Por que un blog?


440 días despois contesto esta pregunta.

Inicialmente este blog nace para ter un espazo propio onde colgar todos os artigos que publico na web da CIG (tanto na nova como na antiga). Porén, co tempo ven sendo algo máis.

Nesta palestra atoparás, entre outras cousas, eses mesmos artigos con contidos multimedia ou enlaces de interese. Ademais podes participar e compartir as túas opinións e inquedanzas a través dos comentarios.

Despois duns meses de inactividade (no blog) fíxenme a promesa de crear unha nova entrada (sempre e cando teña algo que contar) cada semana, coa intención de dotar a este recuncho da rede de maior dinamismo e actualidade. Ate o momento estou cumprindo.

Quen entre nesta palestra (se é que entra alguén) debe saber que isto non é máis que a miña bitácora persoal, un espazo onde exerzo o meu dereito (e deber) a ter voz propia. Unha ferramenta de acción política onde manifesto que este non é o único mundo posíbel, e moito menos o mellor.

Unha fiestra onde podes observar (en parte) o meu xeito de interpretar o mundo e de interactuar co mesmo.
Só nadando a contraconrrente é posíbel chegar á fonte
Proverbio chino

sexta-feira, 30 de maio de 2008

En reformas


Xa ves, vai máis de un ano que teño este espazo na blogosfera e a semana pasada mirei a luz. Colgar vídeos, álbunes de fotos, organizar as etiquetas, poñer un contador de visitas… En fin, que estes días poderedes observar algúns cambios no blog (coa intención de melloralo).

Xa sei que esas cousas son o “abc”, pero eu son un pouco pez en todo isto e sempre había algunha escusa para non aprender (falta de tempo, cousas de friquis…) Porén, decidín deixar de ser tan desastre para facer máis atractiva esta bitácora persoal.

Con este post inauguro unha nova etiqueta “o meu blog” onde proximamente irei contando algunha cousa sobre min e a razón de ser deste espazo. Xa sei que isto faise ao principio, máis eu son das que leen o prólogo do libro unha vez rematado.