
quinta-feira, 28 de outubro de 2010
A Reforma Laboral será derogada?

terça-feira, 5 de outubro de 2010
domingo, 7 de junho de 2009
quinta-feira, 28 de maio de 2009
Mercenarios da patronal
Winston, o protagonista do mundo orweliano de “
Todas e todos sabemos quen paga as campañas do PP, porén agradécese que o tema ocupe unha portada. As empresas ingresaban as súas "donacións" en Fundescamp, fundación controlada polo PP madrileño, que posteriormente pagaba as facturas das campañas electorais de Esperanza Aguirre. Co PP xa no goberno, estas empresas "casualmente" obtiñan concesións públicas. Máis información aquí
sábado, 23 de maio de 2009
Insecticida democrático

Nunca pensei que diría esta frase "menos mal que nos queda el Constitucional"
terça-feira, 24 de fevereiro de 2009
Imaxina...
terça-feira, 6 de janeiro de 2009
sexta-feira, 19 de dezembro de 2008
sábado, 22 de novembro de 2008
Policía moi aplicada
“Segundo Marx, o Estado é un órgano de dominación de clase, un órgano de opresión dunha clase por outra, é a creación da orde que legaliza e afianza esa opresión.
(...) O exército permanente e a policía son os instrumentos fundamentais da forza do Poder do Estado”.
V. I. Lenin [O Estado e a Revolución, 1966]
Foi esta unha dura semana de traballo policial. Moi, moi atarefados.
>>Un. Martes 18: aplicáronse moito no desaloxo dunha familia da súa vivenda. Unha nai, a filla de trece anos e a irmá da primeira. Erre que erre en quedar na súa casa (como se fora tan malo durmir debaixo das pontes). A nai declarou que era inxusto quedar na rúa por unhas débedas do seu ex-marido (escusas, escusas). Por sorte a policía non retrocedeu ante esas chuminadas e mandou ás tres mulleres ao hospital. [Saber máis]
>>Dous. Mércores 19: estas educadas persoas de uniforme azul (como Dios manda) fixeron as nosas vidas un pouquiño máis seguras. Unha perigosa traballadora da limpeza en folga, claramente subversiva, ameazaba a nosa orde. Afortunadamente os gardiáns foron quen de reducila e confiscar as súas perigosas armas, tiras de papel!! O seu obxectivo, acadar un incremento salarial para, nun futuro próximo, ser mileurista. Como se non fora dabondo cos 735 € que xa cobran (puro vicio!). [Saber máis]
>>Tres. Xoves 20: unha manifestación de estudantes pretendía levar as súas protesta contra a reforma de Boloña ás Ramblas (que atrevemento). É querer subordinar a Universidade aos intereses empresariais e ala, a protestar (así non se pode). A policía sinalou que foi ameazada con pancartas (todo o mundo sabe o perigo que teñen estes plásticos cheos de letras). Menos mal que non se deixaron amedrentar e disolveron tal disparate. No vídeo parece que as e os manifestantes non se defenden. Non se deixen enganar pola súa actitude pasiva teñen un arma perigosísima; cerebro. [Saber máis]
>>Catro. Maaambo! O problema non era a crise? Pois nada, aquí están estes para repartir.
PD: paseime coa retranca?
domingo, 2 de novembro de 2008
domingo, 31 de agosto de 2008
A foto de agosto
Nunha estrada perdida de Turquía, un fío de asfalto no medio dunha paisaxe lunar, entre Diyarbakir e Sanliurfa; decidimos facer un alto no camiño para saborear a mellor das sandías. Foi entón cando observamos isto, o ceo. Simplemente o ceo.

quinta-feira, 31 de julho de 2008
A foto de xullo
Desta volta si que vou caer nos tópicos do verán, non podo resistirme. Non, despois de pasar uns días no Paraíso, as Illas dos Deuses; as nosas Illas Cíes.
O título da foto é "O despertar". Cada mañá, ao saír da miña tenda, observaba esta paisaxe. Unha marabilla!!
Se a foto sabe a pouco, aquí tedes máis:
E máis (autores: participantes no Campo de Traballo 2005, última quincena):
Nota: todas as fotos foron realizadas nas Illas Cíes (Vigo - Galiza)
quarta-feira, 23 de julho de 2008
Un ano despois


terça-feira, 1 de julho de 2008
A foto de xuño
A gráfica foi elaborada polo New York Times (nada sospeitoso supoño) e mostra a evolución dos salarios das traballadoras e traballadores en comparación cos altos directivos dende 1940. Así, mentres nos anos 40 un directivo cobraba 100 veces máis que unha traballadora/or no século XXI cobra 700 veces máis!!
Quén está en crise? Quen (en)gaña coas políticas neoliberais? Basta unha simple ollada á gráfica e… sobran as palabras.
Queda claro o significado de acumulación por desposesión?quarta-feira, 4 de junho de 2008
A foto de maio


Goethe, Fausto
segunda-feira, 19 de maio de 2008
A dignidade dun pobo
Música, faisas, piruletas, autocolantes, carreiras, saltos... nada faltou en Compostela.
terça-feira, 13 de novembro de 2007
Nunca Máis!!



quinta-feira, 4 de outubro de 2007
Morte silenciosa

Thich Quanq Duc foi un monxe budista vietnamita (tamén chamados bonzos) que se inmolou até morrer nunha rúa moi transitada de Saigón. Foi o seu acto de protesta contra a opresión que sufría a relixión budista por parte da administración vietnamita, sendo o Primeiro Ministro Ngo Dinh Diem.
Mentres o seu corpo ardía, o monxe permaneceu completamente inmóbil e no máis profundo silencio.
Despois da súa morte o corpo foi cremado conforme á tradición budista. Durante a cremación o seu corazón mantívose intacto, polo que foi considerado como Santo e se procedeu ao traslado do seu corazón, como reliquia, ao Banco de Reserva do Vietnam.
Aínda que o seu acto foi repetido por outros monxes foi o máis recordado, xa que foi atestiguado por David Halberstan, reporteiro do New York Time, do seguinte xeito:
Dende entón denomínase “queimarse ao bonzo” ao acto no cal unha persoa pon fin á súa vida rociándose o corpo con líquido inflamábel e prendéndose lume en público como forma de protesta política.
sexta-feira, 14 de setembro de 2007
II Descenso de rápidos no río Miño

O lugar elixido para iniciar o noso trepidante descenso estaba situado uns quilómetros máis arriba d’As Neves. Antes de entrar na auga,
Eduardo deu unha pequena charla ás persoas con menos experiencia. E ao fin chegou o momento agardado. Máis dunha veintena de kaiaks padexando a raia. O Miño permite gozar de sucesivos rápidos de diferentes intensidades. Ideal para iniciarse nesta práctica deportiva. Risas, emocións, naufraxios...até abordaxes. Algún parecía ir en motora, ou non Suso? Aínda que rematou como Leonardo di Caprio no Titanic, je, je.
Despois dunhas horas de descenso, cando os
brazos xa non respondían, paramos a xantar nun merendeiro á beira do río. Ummm, que boa estaba a empanada de chocos! Unha vez repostas as forzas aínda tivemos ganas e ánimos para continuar a nosa aventura e descender até Salvaterra. Entre risas e bromas rematamos a nosa xornada ben entrada á tarde.
Desde a CIG Mocidade seguiremos a apostar por estas actividades que nos permiten, dun xeito lúdico e divertido, gozar dos espazos naturais do noso país.
Non o penses maís e móllate con nos.
segunda-feira, 11 de junho de 2007
A verdadeira historia dun xoguete
Atrás quedaron xa aqueles anos nos cais, as nenas e nenos construían, con poucos recursos e moita imaxinación, os seus propios xoguetes. Carros de bolas, arcos e frechas, bonecas de pano, casas de cartón...Na actualidade, estes testigos da nosa infancia, son fabricados en serie e levan impreso maioritariamente o “made in china”.
Coñecemos unicamente unha parte da súa historia, a que nace cando mercamos o xoguete. Cal é a historia dos xoguetes da xeración futura antes de chegar as tendas das nosas cidades?
Esta é a súa historia en imaxes, retratada polo fotógrafo Michael Wolf.

































