sábado, 31 de janeiro de 2009

A foto de xaneiro

Quen observa a quen?
Unha mirada moi humana, que di moito, sen falar nada.


A foto foi realizada no zoolóxico de Vigo

quinta-feira, 29 de janeiro de 2009

Unha pregunta incómoda


Onte lin na prensa a historia do galego que amargou a noite a ZP no programa "tengo una pregunta para usted". Rafael Lafuente realizou a pregunta máis incómoda do programa e deixou en evidencia a postura hipócrita do goberno do Estado español respecto a conflitos como o de Palestina.

Este galego que vive en Granada inquiriu sobre o incómodo tema do armamento que vende o Estado español a diferentes lugares, citando Israel como exemplo. Deste modo comezou un cruce de preguntas e respostas.

Pregunta: ten vostede unha idea de cantos civís palestinos mataron as nosas armas?

Resposta de ZP: estou convencido que o armamento que nos vendemos a Israel non foi usado para iso.

Pregunta: como o pode demostrar?

Ao parecer as armas vendidas polo Estado español ao exército de Israel, pola insignificancia de un millón de euros, estaban programadas de modo que non asasinaron nenas e nenos, non bombardearon escolas...

Esas armas foron empuñadas por un exército agresor e vendidas a un Estado racista. Cal foi o seu beneficio?



Canto cinismo!

quarta-feira, 28 de janeiro de 2009

Descaro desinformativo


Resulta totalmente inxenuo crer na obxectividade e rigor informativo dos medios de desinformación, que na praxe, funcionan como órganos de propaganda dos grupos de poder que os manteñen. Para iso pagan!

Porén, iso non significa que deixe de ser totalmente censurábel o descaro con que determinados medios cumpren ese papel. Burlan os principios básicos do xornalismo para adaptar a noticia ás súas aspiracións subxectivas.

Deste modo, ademáis de facer demagoxia barata ou mentir descaradamente tratan de papanatas á audiencia que consume as súas mensaxes.

No noso país o exemplo paradigmático é o xornal La Coz de Galicia. Bastan dous exemplos para ilustrar o que quero transmitir:


O titular destaca que o 40,3% de galegas e galegos optan por un goberno en minoría fronte a un novo goberno bipartito. Lendo a noticia descubrimos que o 40,8% das galegas e galegos prefiren a repetición do goberno de coalición. Entón, como moi ben indica o amigo Xabier, o correcto non sería destacar no titular a porcentaxe maior? O titular correcto sería "O 40,8% das galegas e galegos prefiren que repita o bipartito". Claro que isto non é o que o xornal quere.


Aquí o descaro é maior que no titular anterior.

Esta nova destaca que unicamente aproban dous conselleiros e que os do PSOE son os máis valorados. Se observamos os datos descubrimos que os dous conselleiros aprobados son Alfredo Suárez Canal e Fernando Blanco, ambos do BNG, dato que, intencionadamente, é obviado polo xornal. Ademais dos catro conselleiras/os mellor valoradas/os tres son do BNG, mentres que dos catro peor valoradas/os só hai unha conselleira do BNG, que é a cuarta pola cola.

De onde saca o xornal que os conselleiros do PSOE son os mellor valorados? Penso que o comentario correcto sería "Dos doce conselleiros unicamente aproban dous que son do BNG, Alfredo Suárez Canal e Fernando Blanco". Aínda que o titular de Imeneo tamén vale.


terça-feira, 27 de janeiro de 2009

Unha foto e dúas intervencións


Aquí deixo unha foto e dúas intervencións que deixan, ben clariño, a posición de cada quen sobre Palestina.

A foto:



As intervencións:





Non é necesario engadir nada máis.

terça-feira, 20 de janeiro de 2009

Leituras sobre Palestina


Recomendo a atenta leitura dos seguintes textos (pincha no título), que tratan, dun modo moi pedagóxico, o auténtico motivo polo que Israel masacra ao pobo Palestino.

>>Rèquiem por Israel? [Boaventura de Sousa]

Uma leitura atenta dos textos dos sionistas fundadores do Estado de Israel revela tudo aquilo que o Ocidente hipocritamente ainda hoje finge desconhecer: a criação de Israel é um ato de ocupação e como tal terá de enfrentar para sempre a resistência dos ocupados; não haverá nunca paz, qualquer apaziguamento será sempre aparente, uma armadilha a ser desarmada.


>>Operación Chumbo Impune [Eduardo Galeano]

Desde 1948, os palestinos viven condenados á humillación perpetua. Non poden nin respirar sen permiso. Perderon a súa patria, as súas terras, a súa auga, a súa liberdade, o seu todo. Nin sequera teñen dereito a elixir os seus gobernantes.


>>A militarizaçao do Estado de Israel [Altamiro Borges]

Há razoes de natureza geopolítica, que confirmam que Israel é uma cabeça de ponte dos EUA no Oriente Médio, regiao rica em petróleo e nevrñalgica no tabuleiro mundial.



quinta-feira, 15 de janeiro de 2009

O domingo, manifestación!


Domingo 18 en Compostela
MANIFESTACIÓN NACIONAL
ás 12h desde a Alameda

GALIZA CON PALESTINA
Non ao masacre



terça-feira, 13 de janeiro de 2009

O delito de existir

O número de palestinos mortos en gaza xa superan os 900

O que nunca poderán matar as bombas covardes do Estado xenocida de Israel (IV Reich), o que nunca vai facer calar o silencio cómplice e asasino da comunidade internacional; é a voz, a simple e poderosa voz, dunha nena palestina que representa a teimudez dun pobo que quere existir.



De que se defende Israel? Do dereito a existir do pobo palestino.
Por que a comunidade internacional, salvo honrosas excepcións, non fai nada? Porque Israel está aí para defender os seus intereses.
Miserentos!!

Non é momento para silencios cómplices nin para ver cara outro lado.

Domingo 18 manifestación nacional en Compostela, ás 12h desde a Alameda.

Galiza con Palestina. Non ao masacre!

quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

Este é o noso bico de despedida, can!!


Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush II. Deste modo manifestou os peores insultos que pode proferir un musulmán; bater co seu calzado e chamar can a alguén.


Non hai maior desprezo que o representado neses intensos segundos. Un xesto simple, graficamente perfecto, que debuxou e segue a debuxar unha mueca de satisfacción en quen o contempla.


Mentres os matóns mallaban nel, o home descalzo aínda tivo forzas para lanzar outra proclama “isto de parte das viúvas, dos orfos e dos mortos no Iraque”. Entre ese millón de mortos e mortas están dous dos seus irmáns.


Ao tempo que a súa lección de dignidade recibía millóns de visitas en YouTube, o mozo permanecía detido nunha prisión de alta seguridade, cun brazo e unhas costelas rotas e feridas nun ollo e nunha perna.


Muntanzer al Zaidi graduouse como xornalista na Universidade de Bagdag, onde foi membro activo da Unión de Estudantes Iraquís. Traballou para o xornal Al Qasim Al Mushterek, fundado despois da invasión, despois na canle satélite Al Diyar. Dende o ano 2005 traballa para a canle de televisión por satélite Al Baghdadia


A súa familia foi detida durante o goberno de Sadam. No ano 2007 foi secuestrado e torturado durante unha semana en Bagdag por unha milicia chií.


Lanzando os seus zapatos e chamando can ao criminal de guerra Bush II, Muntazer Al Zaidi demostrou ter dignidade. Organizando manifestacións de apoio e solidariedade o pobo iraquí demostra ser libre.


Claro que isto, non todo o mundo e quen de aturalo.


terça-feira, 6 de janeiro de 2009

domingo, 4 de janeiro de 2009

Continúa o masacre

Parece que o meu desexo vai tardar en cumprirse.

O exército israelí xa matou máis de 500 palestinos en Gaza

E que fai esa parte do mundo que se autodenomina "civilizada"? Nada. A vida non importa, o que importa e a defensa dos propios privilexios; manter a posición de poder e dominio no mundo.

Información de Al Jazeera English:



Pregunta: en que se diferencia o sionismo do nacismo?

quinta-feira, 1 de janeiro de 2009

O meu desexo para o 2009


Este é o primeiro ano, da miña historia, que comezo despois de ter comido as doce uvas. Segundo a tradición ao fin vou ver cumprido o meu desexo. E que quero eu para o 2009? Prestade moita atención ao que conta o gran Galeano. Este é o meu desexo para o ano 2009 e 2010 e 2011 e...




Exerzamos o dereito a soñar, o dereito a loitar pola utopía. Que é utopía senón unha verdade adiantada ao seu tempo?