Mostrar mensagens com a etiqueta con memoria. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta con memoria. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 29 de outubro de 2010

Marcelino Camacho


Primeiro os dereitos conquístanse, despois deféndense e nalgunhas poucas ocasión hai que impoñelos

Marcelino Camacho


Naceu o 21 de xaneiro de 1918 nunha familia traballadora. Consumiu as súas enerxías loitando por un mundo mellor, contra un sistema inxusto onde a maioría da poboación (clase traballadora) é explotada por unha minoría (clase capitalista).


Defendeu como soldado a 2ª República. Lamentabelmente os bos e xenerosos perderon (perdemos) a batalla e os imbéciles e escuros iniciaron a súa longa noite de pedra. Catorce anos de cárcere, campos de concentración, traballos forzados e quince anos no exilio foi o prezo que a sen razón obrigou a pagar a un home coherente polo delito de existir, de pensar, de loitar polo xusto.


Foi elixido deputado polo PC nas primeiras eleccións lexislativas, 1977, tras 40 anos de ditadura, en 1981 abandona o seu escano por coherencia coa defensa dos intereses da clase traballadora e centra os seus esforzos nas Comisións Obreiras (das que foi fundador e primeiro Secretario Xeral).


A súa vida é un exemplo de militancia e coherencia. Sacrificou a súa liberdade e a súa acta de deputado para cambiar a orde criminal que impera neste mundo demente. Como moi ben dixeches “ni nos domaron, ni nos doblaron, ni nos van a domesticar”. A ti non Marcelino, a nós tampouco.


A traición do seu sindicato foi vomitiva (ver vídeo). Grazas Marcelino por non rendirte.


segunda-feira, 20 de setembro de 2010

José Antonio Labordeta

Ata sempre compañeiro


Como ben indicou na súa intervención máis coñecida no parlamento do Estado español dirixíndose a uns diputados do PP "ustedes están habituados a hablar siempre porque han controlado el poder ustedes toda la vida y ahora les fastidia que vengamos aquí las gentes que hemos estado torturados y torturados por la dictadura a poder hablar. Eso es lo que les jode a ustedes, coño! y es verdad, joder! A la mierda!"



sábado, 11 de setembro de 2010

11-S non esquecemos a Allende

Meses antes de ser asasinado Salvador Allende pronunciou este discurso ante a ONU. A súa vixencia é indiscutíbel.

Outro maxistral discurso nunha universidade mexicana:

terça-feira, 22 de junho de 2010

José Saramago, o compromiso

As tres enfermidades do home (e da muller) actual son a incomunicación, a revolución tecnolóxica e a súa vida centrada no triunfo persoal"
José Saramago

O brillante escritor portugués deixounos moito máis que literatura. Deixo aquí unha intervención súa onde denuncia o secuestro da democracia por superestruturas que deciden sobre as nosas vidas sin ser elixidas por ninguén.

Onde está a democracia?



quinta-feira, 23 de julho de 2009

40 anos e 1 día

a

Hai 40 anos e 1 día o ditador Francisco Franco nomeou ao seu sucesor, Juan Carlos de Borbón. Deste modo o ditador asegurábase unha vitoria, a morte definitiva da República. Hoxendía "censura" é a palabra que mellor define todo o que rodea á Casa Real.

Unicamente o diario Público recolleu a nova da efeméride. Recomendo a lectura destes dous artigos:
>>El pedazo que valió una corona
>>El rey juró lealtad a Franco y todas sus leyes

Feliz democracia!

domingo, 28 de junho de 2009

Castelao 25 anos despois

s
Hai 25 anos foron trasladados os restos de Castelao a Bonaval. O poder intentaba manipular os restos do político e enterrar así o nacionalismo galego. Militantes nacionalistas, entre os que estaban Anxo Quinatana e Bautista Álvarez, manifestáronse pola dignidade de Castelao e de Galiza. A narración da locutora, no que foi o seu último día de traballo, é impresionante.



Alfonso Daniel Rodríguez Castelao viuse na obriga de fuxir da súa terra e deixou ben clariño que só regresaría a unha Galiza liberada. Compañeiro somos o teu exército e non esquecemos!!




sábado, 6 de junho de 2009

Empezamos... coa censura


O Partido Popular non perde o tempo en poñer "las cosas como Dios manda". Por iso non permitiu a emisión do capítulo do programa a caixa negra no que analizábase a xestión do mal das vacas tolas polo (des)goberno do PP. Ao parecer non podemos ver cousas como esas xusto a semana anterior a unhas eleccións Europeas. Non vaia a ser que a xente vote en consecuencia!

Tampouco perderon o tempo en deixar a Xurxo Souto, presentador de Aberto por Reformas, na rúa. A música galega debe ser moi perigosa. "Comezan tocando a gaita e rematan berrando Galiza ceibe poder popular na Quintana" debe pensar o PP.

Desgrazadamente eu son unha anomalía do sistema, un ser pendente de domesticar que, sen razón, empéñase en ver o que non pode ser visto. Que mellor día para facelo que a xornada de reflexión?















quinta-feira, 28 de maio de 2009

Mercenarios da patronal


Winston, o protagonista do mundo orweliano de “1984, sinala que os mellores libros son aqueles que din o que xa sabemos. Tal vez suceda o mesmo cos artigos xornalísticos. Pode que as mellores novas sexan aquelas que contan as cousas que xa sabemos, demostrando así as nosas sospeitas.


Todas e todos sabemos quen paga as campañas do PP, porén agradécese que o tema ocupe unha portada. As empresas ingresaban as súas "donacións" en Fundescamp, fundación controlada polo PP madrileño, que posteriormente pagaba as facturas das campañas electorais de Esperanza Aguirre. Co PP xa no goberno, estas empresas "casualmente" obtiñan concesións públicas. Máis información aquí



sexta-feira, 22 de maio de 2009

O himno inaudíbel e a democracia trucada


“A súa filosofía negaba non só a validez da experiencia, se non que existira a realidade externa. A maior das herexías era o sentido común”

George Orwell [1984]


Un dos dogmas do pensamento único e que todo aquilo que evidencia as contradicións do sistema non existe. Toda manifestación realizada máis alá das marxes do politicamente correcto é silenciada sen o máis mínimo escrúpulo ou, cando o primeiro non é posíbel, criminalizada.


Seguindo este guión a TVE censurou o momento do himno español na final da Copa do Rei, así como a entrada dos monarcas no palco de “autoridades”. Nun anacronismo impropio dunha democracia formal alguén decidiu por nós o que podíamos ver e escoitar.


Ao parecer non podemos escoitar a pitada monumental que ofreceron os seareiros vascos e cataláns a “El Rey” e tampouco podemos escoitar como os asubíos silencian un himno que a poucas persoas das presentes en Mestalla representaba.


Iso si, no descanso do partido a realidade xa estaba edulcorada e TVE emite unha gravación co himno en primeiro plano e o son de ambiente silenciado, a cámara enfoca aos xogadores e a un seareiro. Os asubíos xa non existen. Imitando o mundo orweliano o Ministerio da Verdade acababa de fabricar a realidade.


Ao día seguinte a función continúa, para dotarse dunha coartada TVE despide ao seu Director de Deportes nun pobre intento de xustificar a censura como incompetencia. Aquí non pasou nada, todo foi por un “error humano”.


A prensa españolista desprega a súa artillería contra os “separatistas mal educados”. Seica o exercicio dun dereito fundamental como é a liberdade de expresión non pode rachar algo “tan importante e sagrado” como o protocolo e a educación.


Xa está ben! Acaso hai persoas intocábeis? Alguén quere redefinir os límites da liberdade de expresión? Seica nun campo de fútbol non está permitido pensar? Durante a longa noite de pedra este torneo denominábase “Copa del Generalísimo”, entón si que ninguén podía piar nin no campo nin fóra del.


Alguén ten nostalxia de tempos pasados?


Este é o momento que a TV3 e ETB non censuraron:




terça-feira, 19 de maio de 2009

Máis Benedetti

Un pouco de luz nun mundo de escuridade.

>>Desaparecidos




>>Nosotros y vosotros

Ustedes cuando aman
exigen bienestar
una cama de cedro
y un colchón especial

nosotros cuando amamos
es fácil de arreglar
con sábanas qué bueno
sin sábanas da igual

ustedes cuando aman
calculan interés
y cuando se desaman
calculan otra vez

nosotros cuando amamos
es como renacer
y si nos desamamos
no la pasamos bien

ustedes cuando aman
son de otra magnitud
hay fotos chismes prensa
y el amor es un boom

nosotros cuando amamos
es un amor común
tan simple y tan sabroso
como tener salud

ustedes cuando aman
consultan el reloj
porque el tiempo que pierden
vale medio millón

nosotros cuando amamos
sin prisa y con fervor
gozamos y nos vale
barata la función

ustedes cuando aman
al analista van
él es quien dictamina
si lo hacen bien o mal

nosotros cuando amamos
sin tanta cortedad
el subconsciente piola
se pone a disfrutar

ustedes cuando aman
exigen bienestar
una cama de cedro
y un colchón especial

nosotros cuando amamos
es fácil de arreglar
con sábanas qué bueno
sin sábanas da igual.


>>Táctica y estrategia



segunda-feira, 18 de maio de 2009

Adeus Mario Benedetti, poeta do pobo


Mario Benedetti naceu o 14 de setembro de 1920, en Paso de los Toros (Tacuarembó, Uruguai). Para a literatura naceu en 1945 con "La víspera indeleble", símbolo do comezo da xeración uruguaia do 45, "a xeración crítica". Deixounos esta pasada madrugada.

O compromiso existente na súa obra é un auténtico antídoto contra a instalación do engano, a frivolidade e a hipocrisía. A súa lección de coherencia aplícase ao político e ao social, porén concrétase na intimidade. Nacen así poemas de amor con transfondo político. Sobre esta unidade opina o autor:

"No creo que haya en esto una contradicción, porque la política es también una forma del amor (aunque no viceversa). Hay que aventar cierta mentirosa imagen que suele presentar al luchador político como un ser tan riguroso en su disciplina, que es incapaz de amar como cualquier hijo de vecina, e incluso a la hija del vecino, sobre todo si está bien de piernas e ideología. El amor no es un artículo suntuario, sino una necesidad vital del ser humano. Y no pensamos avergonzarnos de semejante realismo"

Tamén están presentes na súa obra a reivindicación do optimismo, a loita contra a tentación do precipicio, o rescate da clandestinidade de sentir (un dereito fundamental para Mario). Ademais dunha ideoloxía aceptábel é necesario obter conciencia, sensibilidade e o valor necesario para dar resposta a cada momento da realidade do modo máis lúcido e vital. É o que Benedetti denominou "a reforma anímica".

Grazas Mario polo teu compromiso e unha vida de coherencia


CHAU NÚMERO TRES

Te dejo con tu vida
tu trabajo
tu gente
con tus puestas de sol
y tus amaneceres
sembrando tu confianza
te dejo junto al mundo
derrotando imposibles
seguro sin seguro
te dejo frente al mar
descifrándote a solas
sin mi pregunta a ciegas
sin mi respuesta rota
te dejo sin mis dudas
pobres y malheridas
sin mis inmadureces
sin mi veteranía
pero tampoco creas
a pie juntillas todo
no creas nunca creas
este falso abandono
estaré donde menos
lo esperes
por ejemplo
en un árbol añoso
de oscuros cabeceos
estaré en un lejano
horizonte sin horas
en la huella del tacto
en tu sombra y mi sombra
estaré repartido
en cuatro o cinco pibes
de esos que vos mirás
y enseguida te siguen
y ojalá pueda estar
de tu sueño en la red
esperando tus ojos
y mirándote.

---

CURRICULUM

El cuento es muy sencillo
usted nace
contempla atribulado
el rojo azul del cielo
el pájaro que emigra
el torpe escarabajo
que su zapato aplastará
valiente

usted sufre
reclama por comida
y por costumbre
por obligación
llora limpio de culpas
extenuado
hasta que el sueño lo descalifica

usted ama
se transfigura y ama
por una eternidad tan provisoria
que hasta el orgullo se le vuelve tierno
y el corazón profético
se convierte en escombros

usted aprende
y usa lo aprendido
para volverse lentamente sabio
para saber que al fin el mundo es esto
en su mejor momento una nostalgia
en su peor momento un desamparo
y siempre siempre
un lío

entonces
usted muere.

---

DEFENSA DE LA ALEGRÍA

a trini

Defender la alegría como una trinchera
defenderla del escándalo y la rutina
de la miseria y los miserables
de las ausencias transitorias
y las definitivas
defender la alegría como un principio
defenderla del pasmo y las pesadillas
de los neutrales y de los neutrones
de las dulces infamias
y los graves diagnósticos

defender la alegría como una bandera
defenderla del rayo y la melancolía
de los ingenuos y de los canallas
de la retórica y los paros cardiacos
de las endemias y las academias

defender la alegía como un destino
defenderla del fuego y de los bomberos
de los suicidas y los homicidas
de las vacaciones y del agobio
de la obligación de estar alegres

defender la alegría como una certeza
defenderla del óxido y de la roña
de la famosa pátina del tiempo
del relente y del oportunismo
de los proxenetas de la risa

defender la alegría como un derecho
defenderla de dios y del invierno
de las mayúsculas y de la muerte
de los apellidos y las lástimas
del azar
y también de la alegría.

---

ME SIRVE Y NO ME SIRVE

Me sirve y no me sirve
La esperanza tan dulce,
tan pulida, tan triste,
la promesa tan leve,
no me sirve.
No me sirve tan mansa la esperanza

La rabia tan sumisa,
tan débil, tan humilde,
el furor tan prudente
no me sirve.
No me sirve
Tan sabia tanta rabia.

El grito tan exacto
si el tiempo lo permite,
alarido tan pulcro
no me sirve.
No me sirve tan bueno
Tanto trueno

El coraje tan dócil
la bravura tan chirle,
la intrepidez tan lenta
no me sirve.
No me sirve
tan fría la osadía.

Si me sirve la vida
que es vida hasta morirse,
y el corazón alerta sí me sirve.
Me sirve cuando avanza
la confianza.

Me sirve tu mirada
que es generosa y firme,
y tu silencio franco sí me sirve.
Me sirve la medida de tu vida.

Me sirve tu futuro
que es un presente libre,
y tu lucha de siempre
sí me sirve.
Me sirve tu batalla
sin medalla.

Me sirve la modestia
de tu orgullo posible,
y tu mano segura
sí me sirve.
Me sirve tu sendero,
compañero.

sábado, 25 de abril de 2009

25 de Abril, SEMPRE!



Hoxe rompo o meu silencio nesta bitácora para rendir o meu humilde tributo á Revolución dos Cravos. O 25 de abril de 1974 Rádio Renascença retransmite a revolucionaria canción de José Afonso, "Grándola, Vila Morena". Esta é a sinal pactada polo Movemento das Forças Armadas (MFA) para ocupar os puntos estratéxicos de Portugal. Seis horas despois, o réxime fascista de Salazar era derrubado.

O pobo portugués foi o actor principal deste proceso revolucionario.




Moi clarificador o discurso realizado hoxe por Joao Oliveira, en nome do PCP, na sesión conmemorativa do 25 de Abril na Asamblea da República portuguesa. Compre perder oito minutos escoitando a súa brillante intervención:


Quen prefira a leitura pausada deste discurso que pinche aquí

Recomendo a vosa atenta visita a esta web, con interesantes documentos de audio e video.

segunda-feira, 30 de março de 2009

L'estaca (Lluís Llach)


Quen non sinta emoción algunha escoitando está canción ten menos sentimento que un trozo de marmol. Hai anos, disfrutei do directo deste son (foi nunha Acampada Jove, organizada polas JERC) e... impresionante. Segur que tomba i ens podrem alliberar... Miles de persoas cantando cunha soa voz baixo unha noite iluminada pola luz dos chisqueiros. Aínda sinto esa sensación no estómago.



Grazas a Lluís Llach e grazas a todas as persoas que o arriscaron todo para loitar contra o franquismo, contra a sin razón dun réxime que negaba a esencia de toda persoa; o dereito a ser. Por moito empeño que poñan algúns en practicarnos unha amnesia programada NON ESQUECEMOS.

L'estaca (Lluís Llach, 1968)

L'avi Siset em parlava
de bon matí al portal
mentre el sol esperàvem
i els carros vèiem passar.

Siset, que no veus l'estaca
on estem tots lligats?
Si no podem desfer-nos-en
mai no podrem caminar!

Si estirem tots, ella caurà
i molt de temps no pot durar,
segur que tomba, tomba, tomba
ben corcada deu ser ja.

Si jo l'estiro fort per aquí
i tu l'estires fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba,
i ens podrem alliberar.

Però, Siset, fa molt temps ja,
les mans se'm van escorxant,
i quan la força se me'n va
ella és més ampla i més gran.

Ben cert sé que està podrida
però és que, Siset, pesa tant,
que a cops la força m'oblida.
Torna'm a dir el teu cant:

L'avi Siset ja no diu res,
mal vent que se l'emportà,
ell qui sap cap a quin indret
i jo a sota el portal.

I mentre passen els nous vailets
estiro el coll per cantar
el darrer cant d'en Siset,
el darrer que em va ensenyar.



PD: grazas tamén ao amigo Fran Rei por darme a coñecer este vídeo vía facebook.

quinta-feira, 11 de setembro de 2008

11-S


Hoxe é once de setembro. Moita xente identifica esta data coa imaxe das Torres Xemelgas reducíndose a cascallos, porén eu penso noutra imaxe e nunha voz. A voz dun Presidente despedíndose do seu pobo, a imaxe do Palacio de La Moneda rodeado polos tanques asasinos ao servizo do imperio ianqui.

Pasou o martes 11 de setembro de 1973 en Chile. Compre ver este excepcional documental do gran Ken Loach do ano 2002 (duración 11m).


quinta-feira, 24 de julho de 2008

Censura na TVG

Galiza, ano 2008, a TVG censura un spot publicitario do Festigal porque aparece unha bandeira da patria!! Si, si, no ano 2008 non é posíbel emitir un anuncio no que aparezca a bandeira galega coa estrela vermella de cinco puntas. Sorte que vivimos nunha democracia.
Terán algunha idea estes pailáns do que significa a estrela? Esta xente do PSOE non ten nada mellor que facer?
Aquí tedes o anuncio que nunca veredes na TVG-Touriño Propaganda

quarta-feira, 23 de julho de 2008

Un ano despois


Como ben indica Xabier, xa pasou un ano do secuestro e censura da polémica portada de "el jueves". E para celebralo... un póster coa portada da polémica, iso sí, con roupa, non vaia a ser que a censuren de novo.


Feliz aniversario!!

quinta-feira, 26 de junho de 2008

100 anos de Allende


"Penso que o home do século XXI debe ser un home cunha concepción distinta, con outra escala de valores, un home que non sexa movido esencial e fundamentalmente polo diñeiro, un home que pense que existe para a fortuna unha medida distinta, no cal a intelixencia sexa a grande forza creadora"

Salvador Allende


Hoxe, 26 de xuño de 2008, é o centenario do nacemento de Salvador Allende Gossens. O Presidente do pobo, nos seus mil días de presidencia, iniciou con paso firme o camiño para devolver ao pobo, á clase traballadora, o poder usurpado, a riqueza espoliada.

Sen medo, cuspiu na cara das grandes corporacións ianquis, enriquecidas a costa da miseria das traballadoras e traballadores. Sen escusas, impulsou unha reforma agraria e un proceso de nacionalizacións cun único obxectivo: construír unha sociedade mellor ao servizo da clase traballadora.

Foi suficiente. O capital non tolerou a perda dos seus privilexios. O imperialismo ianqui non aceptou a perda da súa colonia. Sen o menor escrúpulo ergueron as súas armas de medo e traizón, contra os anhelos de xustiza do pobo.

Foi un disparo covarde e mercenario. Despois... a noite. Como ben sinala Mario Benedetti no seu poema "para matar al hombre que era un pueblo/tuvieron que quedarse sin el pueblo".
Compre escoitar o seu derradeiro discurso:



Allende, deixaches a túa semente, semente de vencer. Grazas pola túa loita e compromiso, lección de dignidade.

A historia é nosa!!

“non se deteñen os procesos sociais nin co crime, nin coa forza. A historia é nosa e fana os pobos”
Salvador Allende [Derradeiro discurso]

sábado, 14 de junho de 2008

Parabéns Che

"Se non existe organización, as ideas, despois do impulso inicial, van perdendo eficacia"
Che Guevara [Discurso á Xuventude Revolucionaria, 1962]

Certo é que son un pouco desastre á hora de felicitar os cumpreanos da miña xente. Nunca dou co día, ou ben chamo dez días antes quedando no absoluto ridículo, ou ben días despois alguén comenta “felicitaches a fulanita/o?” e quedo con cara de parva durante un tempo.

Porén, o de hoxe é diferente. Esta si que é unha desas datas que nunca esquezo. Hoxe, 14 de xuño, o Che cumpre 80 anos. (Aínda que algunhas versións apuntan o 14 de maio como data real do seu nacemento).

Rebelde e loitador dende a súa infancia, pouco podo dicir eu de quen, coa praxe diaria, demostrou o seu compromiso coa causa revolucionaria até as últimas consecuencias.

Moito mellor que lerme a min é escoitalo a el.
Fragmento do discurso do Che ante a ONU, 1964:



Maxistral discurso contra o imperialismo:

Grazas Comandante. A loita continúa!!

terça-feira, 18 de setembro de 2007

Juan Canalejo é nome de fascista


“Se solto a voz no mar, volve-se ceive,

medra no vento, e vén
desde unha hora antiga, ainda diáfana,
traendo a miña voz doutras idades”
Antón Avilés de Taramancos [A espada florescida]

Por todas e todos e ben coñecido que Juan Canalejo é o nome dun hospital público de recoñecido prestixio, sito n’A Coruña. Porén, quen foi Juan Canalejo? Cales foron os seus méritos para ter tal recoñecemento?

Pois este ilustre personaxe foi unha desas ratas fascistas e covardes adicadas a sembrar o terror no chamado bienio negro (1934-36). Un repugnante recordo do terror falanxista e da súa dialéctica de odio e morte coa que estes pistoleiros atentaban a convivencia democrática e a estabilidade da República.

Este oficial de carreira acolleuse á Lei Azaña para retirarse do exército cobrando a súa paga íntegra. Xefe “territorial” das JONS comezou a adestrar, en 1934 aos membros de Primera Línea, grupo terrorista formado na Falange. Estes aspirantes a verdugos tiñan como único obxectivo desestabilizar a República sembrando terror e inseguridade.

Atacan a militantes de esquerda, rebentan manifestacións, asaltan locais, irrompen pistola en man en mitins... Todo ao servizo do “pensamento” máis reaccionario e covarde, que tiña como único credo a práctica da violencia.

Canalejo é ben coñecido polas súas prácticas, facer tragar gasolina as súas vítimas antes de abandonalas apaleadas. Ao mesmo tempo, estes fascistas petan nas portas dos cuarteis para ofrecerse como voluntarios para o golpismo.

As traballadoras e traballadores darían un duro golpe a estes pistoleiros nas eleccións de febreiro de 1936, onde a Falange obtén uns ridículos resultados. Pero eles non se renden, non aceitan a derrota.

O propio Canalejo escribía, nunha carta datada nos primeiros días de xuño, o seguinte: “Consólame pensar que neste xogo, tamén gañei as miñas bazas, e aínda non se xogou a última, na que agardo estar presente”.

O fatídico 18 de xullo de 1936 os conspiradores fascistas protagonizan o golpe militar que sumirá a todo o estado no máis absoluto terror. Serán os cans de presa adestrados por Canalejo, finado en novembro
[1], quen organicen a matanza covarde e cruel do mellor dunha xeración. Militantes de organizacións culturais, políticas e sindicais, son asasinados e esquecidos en fosas comúns.

Poetas, labregos, intelectuais, obreiros, estudantes... Unha xeración castrada e exiliada que deixaría unha sociedade orfa que creceu no medo. Unha sociedade que sufriu a peor castración posíbel, a da súa memoria, pois foi educada na peor das amnesias colectivas.

Porén, o que nunca poderán asasinar estes fascistas é a nosa memoria.

Como xa manifestou a CIG Saúde, por dignidade e por hixiene democrática temos que deixar de honrar aos represores, corrixir a inxustiza histórica cambiando o nome do Complexo Hospitalario. O que non entendo é por que ningún outro sindicato apoiou esta proposta da CIG na Xunta de Persoal
[2].

A cidade d’A Coruña ten a vergoña de honrar a un verdugo no seu principal hospital.

[1] Preso desde os primeiros meses de 1936 Canalejo será fusilado en Madrid ante o avance das tropas fascistas.

[2] A CIG Saúde presentou na Xunta de Persoal da Área d’A Coruña, a proposta de cambio de nome do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Porén, ningunha outra central sindical apoiou este cambio e mesmo defenderon a actual denominación.

terça-feira, 24 de julho de 2007

Leccións de democracia. Eu tamén son culpábel



















O pasado venres (si, si, do ano 2007) o xuíz Juan del Olmo acordou, a petición da Fiscalía, o secuestro do número 1.573 da revista “el jueves” por considerar que a súa portada incorría nun delito de inxurias contra La Corona. A policía foi de quiosco en quiosco retirando todos os exemplares, nun anacronismo impropio dunha democracia.

A revista satírica xa sufrira dúas intervencións por orde xudicial, do seu número 1 e do número 7, por caricaturizar a situación do Estado español e do Vaticano respectivamente. Porén, isto sucedía no ano 1977 antes da aprobación, da tan sagrada para algúns, Constitución española.

Fai xa medio ano a Fiscalía querelouse contra a portada do suplemento de humor “caduca HOY” por mostrar a El Rey cazando (en igualdade de condicións) a un oso borracho, e contra un artigo de Nicola Lococo no que o autor púñase no lugar do pobre osiño alcohólico.

O obxectivo é claro, ter asustados aos debuxantes e editores para que non se atrevan a publicar caricaturas da Casa Real.

Na redacción de “el jueves” son ben coñecidas as chamadas telefónicas solicitando un cambio de enfoque de determinadas caricaturas. Porén, secuestrar a publicación e censurar a súa páxina web
constitúe un acto intolerábel nun Estado que di ser democrático. Non se pode recorrer a actuacións xudiciais para impedir a liberdade de expresión, afecte a quen afecte.

Non se trata aquí de xulgar si nos gusta ou non a portada, trátase de poñer en valor o dereito fundamental a liberdade de expresión. O dereito a rirnos do Papa, de Mahoma, de Rajoy, de Zapatero, e como non, da Casa Real.

Ademais, como afirmou o debuxante Guillermo, coautor da portada, non entendo a polémica están debuxados “Tom Cruise e Katie Holmes, non sei porque a xente pensa que son os que non son. Ninguén dixo que sexan quen din que son. O xuíz Del Olmo leva gafas, ponse colirio, e quizá confundiu o tema”.

En todo caso, eu tamén son culpábel.