O 13 de novembro do 2002 o Prestige, buque afectado por un acusado escorameno, solicita evacuación. Ao día seguinte o buque comeza a ser remolcado, seguindo unha traxectoria errática e incompremsíbel. O 16 de novembro chegan as primeiras manchas de fuel á costa. O 19 de novembro o Prestige parte en dous e afunde a 270 km das Illas Cíes, neste momento escomeza unha nova e grande marea negra producida pola maior incompetencia e neglixencia política da historia. O 11 de marzo do 2003 ainda eran visíbeis, en fotos por satélite, manchas de fuel no mar. Mentres iso sucedía os poderes públicos censuraban a información e falseaban a verdade.
Cinco anos despois, sobran as palabras...
Sem comentários:
Enviar um comentário