quarta-feira, 28 de julho de 2010

Ensinar desde a ignorancia


A Igrexa Católica impartirá, no próximo ano académico, clases de adoutrinamento sexual nos colexios relixiosos da Comunitat Valenciana. Ante nenas e nenos de 5 a 14 anos difundirá as patrañas máis rancias do catolicismo: a masturbación é un vicio ou defecto que pode convertirse en adicción, a homosexualidade é unha disfunción, a finalidade do sexo é a procreación, hai que chegar virxe ao matrimonio, ningún método anticonceptivo evita completamente a posibilidade do embarazo polo que hai que rechazalos...

Regresan ao noso tempo os dogmas anticientíficos que reprimiron a toda unha xeración, educada na autocastración e na negación dunha necesidade básica. Todas esas barbaridades están recollidas no programa Saber Amar Básico Escolar (SABE) que será impartido en clases teóricas e prácticas (non sei eu que van a practicar, o celibato porque outra cousa).

O máis grave do asunto é que todo isto vai ser subvencionado con cartos públicos, pois eses colexios relixiosos son na maioría dos casos privado-concertados polo que todas e todos financiamos os programas que imparten. E quen vai impartir a lección? Pois os máis postos no tema, os sacerdotes que de disfuncións saben moito.

Por certo, se hai algunha persoa puritana por este espazo debería saber que a abstinencia tampouco é garantía de nada, xa coñecedes a historia de María co espíritu santo...

1 comentário:

Anónimo disse...

Non teñen futuro. Por moito que teimen, a sociedade vai por outro camiño. A única cousa que van conseguir é máis rexeitamento da Igrexa.

O verdadeiramente grave, como ben apuntas, é que isto se vaia facer con diñeiro público!!