segunda-feira, 15 de novembro de 2010

Sahara!


Resulta vergoñenta (que non sorprendente) a complicidade do Estado español no exterminio do pobo saharauí por parte do Estado terrorista marroquí. As declaracións do PSOE e dos seus estómagos agradecidos (tamén chamados tertulianos) igualando ás vítimas cos verdugos son profundamente vomitivas. Unicamente desde o cinismo máis cruel pode afirmarse que a solución pasa polo diálogo das partes ou porque ambas partes cedan nas súas posturas. De que estamos falando? Que partes?

O goberno español relega os dereitos humáns a un segundo plano e preocúpase de que os seus intereses económicos non queden salpicados de sangue. Así, durante os últimos tres anos o Estado español vendeu armas por valor de 340 millóns de euros ao Estado marroquí e donou seis torpedos por un euro (todo pola pasta).

O que non saben estes hipócritas é que o dereito a existir dun pobo non pode ser exterminado (véase Palestina)


Sem comentários: