Unha vez máis o pobo galego deu mostra da súa dignidade e ateigou as rúas de Compostela nunha manifestación histórica polo dereito a vivirmos en galego.
Máis de 20.000 linguas azuis que desafiamos as gotas do ceo para exixir os nosos dereitos lingüísticos, que son tamén os dereitos a existir como pobo, como identidade colectiva e individual.
Só en galego, temos dereito!, Sempre en Galiza, sempre en galego!, Na Galiza, ensino en galego!...
A forza das nosas voces era tan grande que nin a prensa española foi quen de silencialas nos seus telexornais.
O madrugón do domingo e o pesado traxecto no autobús estaban plenamente xustificados.
Máis de medio millar de colectivos, de todo tipo, apoiaban a manifestación.
Música, faisas, piruletas, autocolantes, carreiras, saltos... nada faltou en Compostela.
Para rematar o discurso do Presidente d'A Mesa, Carlos Callón, nunha Quintana na que non deixaba de entrar xente.
Puño ergueito, himno galego e viva Galiza ceive!!
Sem comentários:
Enviar um comentário