quarta-feira, 15 de outubro de 2008

Serenade, un canto á vida nun día gris

Coa foto do mes de agosto quixen facer un alegato á lentitude, ao dereito a saborear eses pequenos praceres da vida incompatíbeis coas presas. Hoxe quero compartir este precioso e conmovedor vídeo. Un auténtico canto á vida, ás ganas de vivir até o último suspiro.

Se este vídeo non produce en ti sentimento ou emoción algunha é que xa non tes pulso, o teu corazón está parado.

O grupo Dover decidiu organizar un concurso para premiar ao mellor videoclip da súa versión de Serenade. Este foi o vídeo gañador, realizado na residencia para maiores de Alcañiz (Teruel) e protagonizado por quen pasa o seu tempo na mesma.

1 comentário:

Anónimo disse...

Con arrepios e sen voz...non teño palabras,como a vida mesma,moita xente temos que aprender a mirarse a sí mesmo,diante dun espello,e ollar pra os teus proprios ollos,unha aperta e íso , SAÚDE
txema