Moito antes de que Rudolf e compañía tirasen do trineo de Papá Noel, Galiza contaba cunha figura propia destas datas. Sen necesidade de explotar a uns inocentes animais e sen loock made in Coca Cola, o noso Apalpador repartía agasallos co galo do solsticio de inverno.
O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas lucenses. Esta figura mítica viste unha casaca remendada, fuma en pipa e usa boina. Durante o ano aliméntase de bagas silvestres e de xabarís cazados por el mesmo.
Baixa ás aldeas para achegarse ás nenas e nenos mentres durmen. Con moito coidadiño, apálpalles as barrigas para comprobar se están ben alimentadas e alimentados. Despois de desexar que no ano vindeiro non pasen fame, marcha deixándolles unha boa morea de castañas quentiñas.
Vaite logo meu ninín,
marcha agora prá camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña
2 comentários:
Pois veña,imos ver por onde anda " o apalpador " ,Bo Nadal e Feliz Aninovo,a todo-los " subversivos ",unha aperta
txema
Ola, este ano traiovos un vídeo cunha canción e un baile para que @s máis pequen@s coñezan a miña figura http://youtu.be/JmAfI4ucKJc
Ademáis se queredes podedes descargar a canción de balde e atopar máis recursos na web www.oapalpador.tk
Boas festas!
Enviar um comentário