segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

Contramanifestación ridiculista


Onte, en Compostela, 3.000 hipócritas (segundo as organizacións convocantes) acudiron a unha manifestación apoiada polo PP, UPyD e Falange Auténtica; para que "hablemos bien, ej ke"

Aquí deixo uns vídeos da contramanifestación ridiculista dos linguas bífidas. Están presentes, como non podía ser doutro modo, todas as forzas vivas da sociedade (o clero, a Guardia Civil, Martínez El Facha, as folclóricas, un tunero...) As consignas son do mellorciño.







Tres perigosas vacas foron detidas onte, aínda está por confirmar se foi por ter a lingua azul ou por non ser "rubia galega". Vacas a rúa, a leite continúa!

Para ver máis pincha aquí ou aquí (estes son demasiado)

2 comentários:

Anónimo disse...

O que máis me fode desto e que catro animalciños lle fixeron a campaña gratis aos GB. O que queren é aparecer de vitimas, e os animalciños contribuirón a darlle máis publicidade e máis puntos ante a sociedade.

Anónimo disse...

tu o que está preocupado é pola túa campaña, mais que pola de Galicia Bilingüe. O nacionalismo institucionalista, ou cando menos galiza nova, mui ben puido ter convocado unha concentración de desagravia o día antes, o mesmo, ou posterior, cando menos para canalizar a demanda dunha base importante do nacionalismo. No entanto, cando non se fai nada, o mais doado é acusar aos demais de colaborar co contrario. Quen colabora co inimigo é aquel que lle da unha medalla ao dono de la voz ou quen é incapaz de solidarizarse con detidos polo simple feito de defender a língua. Mais a hipocrisía non ten límite, e claro, é moito mais doado andar a bailar cos vellos mentres o fascismo sociolóxico e policial agrede a rapaces nacionalistas.