sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

A esquizofrenia das linguas bífidas


Esquizofrenia é unha palabra de orixe grega, schizo significa división ou escisión e phrenos mente. Esta doenza crónica caracterízase por unha mutación da conciencia da realidade e unha desorganización neuropsicolóxica, o que dificulta o mantemento de condutas motivadas e dirixidas a metas, e produce unha disfunción social


As persoas que padecen esquizofrenia mostran, na maioría dos casos, un pensamento desorganizado con brotes de delirio e alucinacións. Ademais, presentan dificultades para elaborar novas ideas.


En base a esta definición, podemos afirmar de modo categórico, que as persoas que participaron na manifestación de “Galicia bilingüe” do pasado 8 de febreiro, padecen esquizofrenia aguda.


Debido a súa doenza ven persecución do español onde non existe e inventan unha realidade paralela onde todas as canles de televisión falan en galego, todos os xornais están en galego, todo o profesorado imparte aulas en galego... Confunden, en definitiva, agresor con agredido.


É por iso que precisan unha ducia de autobuses chegados da capital do imperio para facer unha manifestación raquítica, escoltada en todo momento pola policía. Unha marcha do odio apoiada por forzas tan democráticas como a Falanxe Auténtica.


Unha manifestación kafkiana onde son detidas tres vacas por non dicir nin “muu”, onde quen defende a legalidade vixente acaba na cadea mentres quen rescata postulados preconstitucionais pasea alegremente polas rúas de Compostela, onde a policía confisca unha faixa coa lenda “8 de febreiro, día internacional do parvo”, onde...


Como moi ben indicou Castelao “despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados”.



2 comentários:

Anónimo disse...

Unha cousiña máis: os cadros esquizofrenia adoitan estar asociados tamén a
delirios paranoides
. Neste caso tamén están presentes, non?
Un saúdo

Anónimo disse...

Prezada Silvia non das lugar a debater nada contigo, nada que engadir, a definición da situación é perfecta.
Un saúdo.
Ah! seguro que te pon este blogger
http://julicheiro.blogspot.com/