quinta-feira, 4 de setembro de 2008

BOICOT a Tele 5

Este verán a cadea sensacionalista Tele 5, propiedade do fascista Berlusconi, deu o seu apoio ao "Manifiesto por la Lengua Común". A canle non se limitou a asinar o Manifiesto, senón que ademais indicou nun informativo, que pon a disposición dos promotores da iniciativa todos os seus medios.

O “Manifiesto” solicita unha reforma da Constitución Española (agora resulta que se pode reformar) e dos Estatutos de Autonomía (viva o respecto democrático!) para deixar ben clariño que “las lenguas no tienen el derecho de conseguir coactivamente hablantes” salvo o español, claro, que é a “común y oficial” (como Dios manda).

E se vives en Galiza que pasa co galego? Pois segundo o que apoia Tele 5 “conociendo sólo de la lengua autonómica lo suficente para convivir cortesmente con los demás y disfrutar en lo posible de las manifestaciones culturales en ella”. O que teñen de imperialistas o teñen de educados. E ao marisco non renuncian, claro.

Eles asinan o manifesto, eu apago Tele 5, desintonízoa mellor. O certo é que non vai supoñerme ningún sacrificio dada a calidade (ausencia de) da súa programación.

Apaga Tele 5
Desintoniza Tele 5

4 comentários:

Anónimo disse...

Aínda que en Galiza, sumisa coma sempre, non houbo movemento de resposta ningún (que eu saiba) en "Plataforma per la llengua" de Cataluña montaron unha páxina para nos poder queixar:

http://www.plataforma-llengua.cat/telecinco/

Anónimo disse...

O boycott ja o faigo desde há tempo... mas a toda a televissom em geral. Nom dizem máis que burradas.

Silvia Bermúdez Pérez disse...

Ben certo é que non existiu unha resposta axeitada ante a actitude de Tele 5, porén considero tremendamente inxusto referirse a Galiza como "sumisa coma sempre".
Basta con coñecer a nosa historia recente para comprobar a falsidade de tal afirmación.
Colonizada si, sumisa nunca.

Anónimo disse...

A Mesa pola Normalización Lingüística publicou, xa hai tempo, un Manifesto a prol da Convivencia Lingüística e da Igualdade de Dereitos para o Galego que podedes asinar na páxina da Mesa ou na ligazón que podedes atopar no blog da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (http://www.blogoteca.com/cenlf/)
Saúdos
Eduardo