segunda-feira, 22 de setembro de 2008

O pesadelo de Robin Hood


A estas alturas da partida non debe sorprenderlle a ninguén a esquizofrenia dos ultras neoliberais. A defensa a ultranza do libre mercado cando os beneficios empresariais crecían exponencialmente tórnase agora nun grito de auxilio a papá estado para que pague a resaca da festa.

A todo poderosa man invisíbel de Adam Smith unicamente serve para que estes avaros insaciábeis amasen insultantes fortunas. Porén, cando toca repartir perdas estes neoliberais apúntanse ao Manifesto Comunista e aplauden a nacionalización das empresas. É o pesadelo de Robin Hood, roubarllelo aos pobres para repartilo entre os ricos.

Entón, o libre mercado non era perfecto? Non era a competencia o paradigma do equilibrio? Deslocalización de empresas, desregulación do mundo do traballo, privatización das empresas públicas, especulación sen límites… Estas eran as brillantes solucións a todos os nosos problemas, o único mundo posíbel do Capital. E agora, cando os cementos de barro estanse a derreter, piden papas e queren a intervención estatal.

O presidente da CEOE, o mesmo que reclama contratar e despedir como lle pete, o mesmo que fai bandeira da sobreexplotación da clase traballadora, pide agora unha paréntese na economía de libre mercado. Ten tanta cara como ceros na súa conta corrente. O sociolisto Zapatero súmase ao circo e declara, como un bo neoliberal da Escola de Chicago, que a liberdade de mercado e a competencia seguen sendo os seus principios económicos”.

Ao mesmo tempo o comisario europeo de Economía, Joaquín Almunia, vén de reinventar a pólvora dicindo que a crise foi un problema de avaricia”. Mira ti, outro que non sabe que a base do sistema capitalista é a avaricia. Explicouno moi ben Adam Smith “cada individuo está sempre esforzándose para atopar o investimento máis beneficioso para calquera capital que teña (…) Ao orientar esta actividade de modo que produza un valor máximo, el só procura o seu beneficio” (A riqueza das nacións, Libro IV, 1776).

E por certo, este Almunia non é o mesmo que defende un tratado neoliberal para a UE?

O circo continúa. Billóns de dólares e ducias de millóns de euros para pagar un sistema insostíbel. O último regalo da administración de Bush II son 700.000 millóns de dólares para mercar os activos podres das institucións financeiras con problemas.

Permitíndome parafrasear a Chávez; xa está ben de tanta merda neoliberal, váianse ao carallo capitalistas de merda!

1 comentário:

Anónimo disse...

Ola ,boa tarde , primeiro dicir,que gustoume a túa Páx.,e agora facer un pequeno e curto comentario,da foto,unha mágoa que aconteza isto no século XXI,e coma di miña nai,(82 anos) " que mal repartido está todo",e abofé que é certo,por iso,unha foto,vale máis que mil palabras",¿non é así?,boeno,vou rematando,tamén dicir que,un dos poemas que máis me gusta,é,(dende que eu xa era un mozo),pois é o de Manoel María,pois sempre me chamou,millor dito,impón respecto,pois é o que tes plasmado,na páx., "Galiza somos nós.......,e canta razón tiña,e ten,unha aperta,e deica outra, txema