terça-feira, 2 de setembro de 2008

Será esta a fin do noso mundo?



Este podería ser un bo argumento para unha película de cine de ciencia ficción, na modalidade de cine apocalíptico:

No comezo do século XXI, na fronteira entre Francia e Suíza o ser humano está a piques de embarcarse no proxecto científico máis ambicioso da súa existencia. Despois de 25 anos de duro traballo e 6 millóns de dólares investidos, esténdese a 100m de profundidade e no interior dun túnel de 27km, o chamado Gran Colisionador de Hadróns. Coa intención de comprender a orixe do universo e os misterios da materia a ciencia, foi quen de crear a máquina na que, facendo chocar protóns, recreará as forzas e condicións experimentadas unha billonésima de segundo despois do Big Bang.

Un grupo de científicos críticos alerta á humanidade da posibilidade de que o Gran Colisionador de Hadróns cree un buraco negro que devoraría a Terra e mesmo o Universo, pola contra, o Centro Europeo de Investigacións Nucleares conclúe que o experimento é completamente seguro.

TO BE CONTINUE…

Efectivamente, podería ser un bo argumento para unha desas películas nas que alguén viaxa no tempo para salvar á humanidade da súa autodestrución, unha desas películas nas que xogando a lanzar os dados todo desaparece, ou tal vez unha desas nas que un grupo minoritario de científicos opóñense ao progreso da humanidade.

En todo caso, pronto coñeceremos o desenlace. Non é ningún guión de cine. É o presente, a realidade. Este mes comezan os experimentos.
Comezou a partida…

1 comentário:

Xabier Pérez Igrexas disse...

Eu agochareime trala roupa da cama, a xeito de bunker xD

Interesante entrada, descoñecía por completo o tema.