quinta-feira, 29 de janeiro de 2009

Unha pregunta incómoda


Onte lin na prensa a historia do galego que amargou a noite a ZP no programa "tengo una pregunta para usted". Rafael Lafuente realizou a pregunta máis incómoda do programa e deixou en evidencia a postura hipócrita do goberno do Estado español respecto a conflitos como o de Palestina.

Este galego que vive en Granada inquiriu sobre o incómodo tema do armamento que vende o Estado español a diferentes lugares, citando Israel como exemplo. Deste modo comezou un cruce de preguntas e respostas.

Pregunta: ten vostede unha idea de cantos civís palestinos mataron as nosas armas?

Resposta de ZP: estou convencido que o armamento que nos vendemos a Israel non foi usado para iso.

Pregunta: como o pode demostrar?

Ao parecer as armas vendidas polo Estado español ao exército de Israel, pola insignificancia de un millón de euros, estaban programadas de modo que non asasinaron nenas e nenos, non bombardearon escolas...

Esas armas foron empuñadas por un exército agresor e vendidas a un Estado racista. Cal foi o seu beneficio?



Canto cinismo!

2 comentários:

Unknown disse...

Ai, Silvia, Silvia. é que son armas intelixentes... Da intelixencia española.
O propio presidente o define. Vende armas pero non para que as utilicen contra ninguen.
Senón que llo pregunten a Gila (que en paz descanse) Aquí alguén matou a alguén...
Por tanto as armas eran tan intelixentes como o presidente do estado

Anónimo disse...

Quitemonos a careta. Non fai moitos anos a esquerda revolucionaria, neste caso compañeira Silvia, xustificaba ¡¡A LOITA ARMADA!!.
Chegar a xustificar o uso das armas e un fracaso da humanidade, da razón, da política, pero quen de nós algunha vez non o entendeu. Todo depende de quen sexa ou grupo que faga uso delas.