quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

Este é o noso bico de despedida, can!!


Isto foi o que berrou Muntazer Al Zaidi ao tempo que lanzaba os seus zapatos ao tirano mundial Bush II. Deste modo manifestou os peores insultos que pode proferir un musulmán; bater co seu calzado e chamar can a alguén.


Non hai maior desprezo que o representado neses intensos segundos. Un xesto simple, graficamente perfecto, que debuxou e segue a debuxar unha mueca de satisfacción en quen o contempla.


Mentres os matóns mallaban nel, o home descalzo aínda tivo forzas para lanzar outra proclama “isto de parte das viúvas, dos orfos e dos mortos no Iraque”. Entre ese millón de mortos e mortas están dous dos seus irmáns.


Ao tempo que a súa lección de dignidade recibía millóns de visitas en YouTube, o mozo permanecía detido nunha prisión de alta seguridade, cun brazo e unhas costelas rotas e feridas nun ollo e nunha perna.


Muntanzer al Zaidi graduouse como xornalista na Universidade de Bagdag, onde foi membro activo da Unión de Estudantes Iraquís. Traballou para o xornal Al Qasim Al Mushterek, fundado despois da invasión, despois na canle satélite Al Diyar. Dende o ano 2005 traballa para a canle de televisión por satélite Al Baghdadia


A súa familia foi detida durante o goberno de Sadam. No ano 2007 foi secuestrado e torturado durante unha semana en Bagdag por unha milicia chií.


Lanzando os seus zapatos e chamando can ao criminal de guerra Bush II, Muntazer Al Zaidi demostrou ter dignidade. Organizando manifestacións de apoio e solidariedade o pobo iraquí demostra ser libre.


Claro que isto, non todo o mundo e quen de aturalo.


4 comentários:

Mariño disse...

Máis difícil de aturar son as declaracións do Bush junior. Senón mira o que leva dito nestes días de Palestina, Iraque e Afganistan. Disque el volvería a facelo...
Asasinar nos Usa, e en Texas onde máis, vai ligado á pena capital, non é? Eu só pido cadea perpetua, non quero ser cómplice de ningunha morte.

Anónimo disse...

Eu so quería telo a tiro... de zapato, por suposto.

Silvia Bermúdez Pérez disse...

O xornalista deu conta de todos os detalles, os zapatos eran "made in Iraque"

xOsedorrio disse...

Logo ese empresario turco que se está forrando a vender zapatos iguais, porque disque el os fabricara, non é máis que un 'espabilao'