sábado, 22 de novembro de 2008

Policía moi aplicada


“Segundo Marx, o Estado é un órgano de dominación de clase, un órgano de opresión dunha clase por outra, é a creación da orde que legaliza e afianza esa opresión.

(...) O exército permanente e a policía son os instrumentos fundamentais da forza do Poder do Estado”.


V. I. Lenin [O Estado e a Revolución, 1966]



Foi esta unha dura semana de traballo policial. Moi, moi atarefados.


>>Un. Martes 18: aplicáronse moito no desaloxo dunha familia da súa vivenda. Unha nai, a filla de trece anos e a irmá da primeira. Erre que erre en quedar na súa casa (como se fora tan malo durmir debaixo das pontes). A nai declarou que era inxusto quedar na rúa por unhas débedas do seu ex-marido (escusas, escusas). Por sorte a policía non retrocedeu ante esas chuminadas e mandou ás tres mulleres ao hospital. [Saber máis]




>>Dous. Mércores 19: estas educadas persoas de uniforme azul (como Dios manda) fixeron as nosas vidas un pouquiño máis seguras. Unha perigosa traballadora da limpeza en folga, claramente subversiva, ameazaba a nosa orde. Afortunadamente os gardiáns foron quen de reducila e confiscar as súas perigosas armas, tiras de papel!! O seu obxectivo, acadar un incremento salarial para, nun futuro próximo, ser mileurista. Como se non fora dabondo cos 735 € que xa cobran (puro vicio!). [Saber máis]



>>Tres. Xoves 20: unha manifestación de estudantes pretendía levar as súas protesta contra a reforma de Boloña ás Ramblas (que atrevemento). É querer subordinar a Universidade aos intereses empresariais e ala, a protestar (así non se pode). A policía sinalou que foi ameazada con pancartas (todo o mundo sabe o perigo que teñen estes plásticos cheos de letras). Menos mal que non se deixaron amedrentar e disolveron tal disparate. No vídeo parece que as e os manifestantes non se defenden. Non se deixen enganar pola súa actitude pasiva teñen un arma perigosísima; cerebro. [Saber máis]





>>Catro. Maaambo! O problema non era a crise? Pois nada, aquí están estes para repartir.


PD: paseime coa retranca?



2 comentários:

Anónimo disse...

Ola SILVINHA , boa noite,ben como lein o de, UN BLOG ALIMENTASE DOS TEUS COMENTARIOS,dixen,pois nada,de postos ó rio,quixera dicir que non te pasache coa retranca,pois é verdade que o tema ou o problema,é , a crise,pero precisamente por iso,pola crise,mirade unha cousa,no tema ASTANO (FERROLTERRA), a comezo dos anos 80,(xa séi que coñecedes a dramática historia), Ferrolterra "lle penduraron " ó pescozo o san benitiño,(e non o de Lérez,o da cantiga), da MALCHAMADA RECONVERSIÓN NAVAL,e que dende aquela até o dia de hoxe,seguimos a padecer a mesma " puñetera e malchamada RECONVERSIÓN,ben,pois naqueles anos de loita,no cal a cidadanía participou activamente,sobor de todo,o BNG e o Sindicato CIG,perdón,naquel entón era ING,Intersindical Nacional Galega,foron-fumos , os máis activos en defensa do Sector Naval,tamén teño que dicir que os SEÑORITOS DA U G T , enganaron a moitos afiliados (entre eles o meu pai),por que os " BOTARON " PRA o seu fogar, sen dereito algún,sobor de todo os das Compañías,(e perdón por insistir,entre eles meu pai), cousa que " los de la U-G-T ",levaron o tema dos despidos, que despóis de 7 anos- sete,aparte que de cada vez que había xuizo,pois "os fillos da súa nai",(os abogados da merda da U-G-T),lles pedían de 50.000 até 75.000 pesetas,pra seguir loitando polos seus dereitos???,que cando remataron os xuizos,meu pai cobrou 80.000 ptas.,e o empresario,de vacacións no Caribe, xa sei Silvinha,estarás a preguntar,¿e qué diaño ven toda ista historia ?,pois ben,a que,as imaxes do video,precisamente,as vivimos durante case catro anos co tema de ASTANO,e resumen,que en vez de andar na percura do " empresario que desapareceu cos cartos ", pois cargaban contra os OBREIROS E FAMILIARES , SÓ por DEFENDEREN OS POSTOS DE TRABALLO,por iso pois,ista xentiña aparece cando a xente está a rebulir polas inquedanzas da MALCHAMADA CRISE,e preguntome eu,CANDO CARALLO PRENDEN A ISES EMPRESARIOS que enganan a os seus proprios OBREIROS e até aos gobernos,e tí o saberás moito millor que eu , boeno subversiv@s,adiante pola Crase Obreira Galega , grazas por me aturar,pero polo menos xa contribuín , o de alimentar o Blog,unha aperta e boa noite GALIZA
txema

Anónimo disse...

Paréceme realmente inxusto o teu artigo xa que a policía ten conforme ao artigo 5 da Lei Orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, como primeiro principio básico de actuación a ADECUACIÓN AO ORDENAMENTO XURÍDICO, que no seu apartado e. dí Colaborar coa Administración de Xustiza e auxiliala nos termos establecidos na Lei, é dicir, que a policía ten que facer efectivas as resolucións xudiciais cando sexa requerida para elo.
¿Qué quero dicir con isto?, que me parece moi inxusto que se xulgue deste xeito a un traballador que "comete o delito" de facer o seu traballo,ademais neste caso, no que o trato ás protagonistas da nova foi correcto, que ven o puidemos ver nos vídeos que se amosaron na televisión. Que en ocasións a policía se excede, non digo que non, porque en todos os gremios, e máis nun tan numeroso como a policía, hai xente de todo tipo, pero un bo policía tense que rexer polos mencionados Principios de Actuación, e cumprir en concreto o apartado a. do punto 2 RELACIÓNS COA COMUNIDADE que di que se ten que impedir, no exercicio da súa actuación profesional, calquera práctica abusiva, arbitraria ou discriminatoria que entrañe violencia física ou moral.

Grazas por permitir respostar.

Un saúdo.