quarta-feira, 24 de setembro de 2008

Adiviña


Agora mesmo non estou. E ti dirás, outra vez? Pois si. Vou empregar este último suspiro das miñas vacación en coñecer Croacia (Hrvatska).

E que podo deixar no blog na miña ausencia? Pois vai ser algo que permita interactuar a quen ledes isto e que, ao mesmo tempo suscite certo interese polo meu regreso; unha adiviña.
Sempre gustei de problemas lóxico-matemáticos, especialmente cando semella non haber datos suficientes para atopar a solución. Vence o impulso inicial da rendición, colle papel e lapis e xa verás como pensando un pouquiño das coa resposta.


Brais trata de saber o número da casa onde vive Noa, todo o que sabe é que na rúa de Noa os números van do 8 ao 100 (ambos inclusive).

Brais pregunta, é maior de 50? E Noa responde, pero minte.

Entón Brais pregunta, o número é múltiplo de 4? Noa responde e minte de novo.

Brais pregunta, é un cadrado perfecto? Noa contesta e di a verdade.

Finalmente, Brais pregunta, o primeiro díxito é 3? Noa responde (non sabemos se di a verdade ou minte).

Brais di o número …. Mais o número é incorrecto!

Cal é o número da casa de Noa??
Nota: Brais pensa que Noa sempre di a verdade.

2 comentários:

Anónimo disse...

Ola boa noite,a todas-os,a ver,a parte de que o cadro é de Salvador Dalí,¿ou non ?, pois,a verdade,as miñas neurónas xa non me dan pra máis,dende logo,manda truco cos cativos,de seguro que é o máis sinxelo que poida pensar un,pero,!!miña nai !!,é millor que espere o resultado acougadamente,pois mira que lle din a volta á pantalla,pero nado,nin con esas,unha aperta Silviña , txema

Anónimo disse...

Agora que volveches, cal é a solución???