quinta-feira, 11 de setembro de 2008

11-S


Hoxe é once de setembro. Moita xente identifica esta data coa imaxe das Torres Xemelgas reducíndose a cascallos, porén eu penso noutra imaxe e nunha voz. A voz dun Presidente despedíndose do seu pobo, a imaxe do Palacio de La Moneda rodeado polos tanques asasinos ao servizo do imperio ianqui.

Pasou o martes 11 de setembro de 1973 en Chile. Compre ver este excepcional documental do gran Ken Loach do ano 2002 (duración 11m).


4 comentários:

Anónimo disse...

Grazas Silvia,por istas históricas,pero fatídicas imáxes, unha aperta
txema

Anónimo disse...

Ken Loach non decepciona cos seus videos. A coidada estétca e narrativa audiovisuais non agochan senón que reforzan a brutalidade do capital que denuncian as súas obras.
Pero esta xente non madura cos anos, agora semella que están a facer o mesmiño en Bolivia...

Silvia Bermúdez Pérez disse...

Son ionquis de poder, avaros insaciábeis. Constrúen o seu imperio sobre cadáveres. Todo vale para defender os seus privilexios.
Pasen e disfruten, é a era do Capital.

Anónimo disse...

Boa tarde,pois ben, era pra preguntarche,se ollaches esta noite na 2ª da Tve,pois durou case tres horas,non cheguei a grabar dende o comezo,que foron uns ters ou catro minutos,pero tamén foron tres horas,de impotencia e tensión,polas imáxes e os comentários,en propria persoa,teño que dicir que eu cheguei a Panamá un mes de Xullo do 74,uns meses antes de morrer o dictador ferrolán Franco,pero tamén a reportaxe,fíxome lembrar,aos centos de exilados e fuxidos da dictadura de Pinochet,que eu persoalmente,coñecín algúns deles,un deles chamase Manuel,Enxeñéiro de Telecomunicacións,daquela teria como 26 anos,e "barrilete ",puxeramoslle o alcume,(agarimosamente)por que era " redondiño",peor moi educado e voluntarioso pra o traballo,o primeiro,(Manuel),conste que a estes rapaces,coñecémolos no peirao do Canal da Zona que ian a pedir traballo e " de comer ",vou seguir,pois a Manuel,no tempo que estivemos atracados(amarrados ó peirao),axudaba ó cociñeiro,na laboura do pan e servir nos comedores,durmia a bordo,até que o Capitán de pesca,mirou por él,e quedou a traballar en Panamá,¿que foi del?,a verdade é que non o sabemos,xa que despóis cambiamos pra Venezuela,e "barrilete",non era Chileno,era Salvadoreño,botou unhas mareas connosco,¿sabes que son as "mareas"¿non?,e despóis cando tivemos problemas coa casa Armadora,tivo que quedar en Panamá,xa que nós,levaramos a embarcación a Costa Rica,a Puntarenas concretamente,xa que era País neutral,entón puxeramos o barco á venda,que ó final chegamos a unacordo ca Empresa,e viñémo-nós pra Galiza,e que ben,porque o mesmo día que aterramos en Barajas,morría o dictador Franco,20 Novembro do 1975,en fin,onte sentín arrepios,máis ben,porque fíxome mirar pra o pasado,pero como digo eu,ás veces lembrar,tamén é bo,remato,e grazas por iste recuncho,que faime lembrar ao meu pasado,sen esquecer o presente,unha aperta e saúde,Silvinha,o futuro está nas vosas máns,e perdoa pola extensión do comentário,abur , txema