sexta-feira, 28 de novembro de 2008

A foto de novembro


Ai, dos que levan na frente unha estrela!

Ai, dos que levan no bico un cantar!

Curros Enríquez [A Rosalía, 1891]

Este mes a foto vai ser dobre. Unha chegada e unha saída que alimentan a espiral (que non ciclo) da vida e da historia.


>> A chegada é a de Gael.


Chegou a este mundo o día 5 deste mes, sen agardar a data marcada pola natureza. Parece que o meu sobriño de adopción sabe que na vida hai que facer que as cousas pasen e non agardar a que sucedan. A nai e o pai desbordan felicidade. O ceo conta cunha nova estrela.




>> A saída é a de Bautista Álvarez.


O pasado sábado 15 pronunciou o seu derradeiro discurso como Presidente da Unión do Pobo Galego (UPG). Unha vida de militancia e entrega, de compromiso e coherencia. Foi todo un privilexio poder escoitar a poesía das súas verbas. Unha brillante intervención que xirou arredor dun dos principios fundamentais do marxismo, a unidade da teoría e a praxe. Desexo que brindes con nós na Galiza ceive pola que loitamos, Bóveda, Castelao e Reboiras poden agardar. Grazas camarada.




3 comentários:

Anónimo disse...

Mira unha cousa,non por nada,pero a data é do 1881 ¿non si ?,( o de Rosalía ), e perdón,unha aperta
txema

Anónimo disse...

Ola boa tarde,pois sí,Bautista Álvarez,pois del teño que dicir que é unha grande persóa,amigo dos amigos,grande loitador na loita do interéses da Galiza,del teño unha lembranza,aló polo vran do ano 84,cando trouxeran o cadaleito de CASTELAO a Galiza , (pois o video anda por algúns blogs), ben,pois como ia dicindo,quedáramos en Compostela,concretamente en Bonaval,pra non deixar (canto menos),o coche " fúnebre ", e cando chegou o coche cambiou de rota,e foi entrar pola banda denriba,entón o que fixemos foi rachar a liña de vallas que puxeran,e comenzamos rubir cara a entrada,boeno ísa foi a nosa intención,porque de súpeto,cando tirámos as vallas, " cargaron os grises (de véis recen estreados " traxes ",contra nós,pois ben,houbo feridos,a Bautista Álvarez déronlle ca porra na testa,que comezou a botar sangue pola cabeza,comezaron a chegar as ambulancias,a o meu curmán deixáronno zapateado no chan,inconscente,a mín,malláronme no lombo,que grazas a unha señora maior,que berraba aos txakurras ( cans ),que deixáran de mallar en mín,despóis puxémonos á busca dos resto dos compañéiros,xa que quedamos espallados,pero estabamos a falar de Bautista Álvarez,pois se mal non lembro,déranlle 8 ou dez pontos na testa,e nós pois,pois botámos uns días na cama por mor das ostias que nos deron,e pra rematar,quería facer unha lembranza ás verbes que me quedaron grabadas e que eran así,en referencia á volta do corpo de CASTELAO e dicia, OS QUE ANTES CHE PROIBIAN , AGORA , FANCHE HONORES , unha aperta e boa noite
txema

Anónimo disse...

Por certo,benvido a GAEL,un Galego máis, abur
txema