Aínda que considero que as últimas entradas deste blog aportan suficientes elementos de análise para afrontar a crise capitalista, non está de maís insistir no tema.
Nunha das miñas visitas ao caderno de Alberto Montero atopei este vídeo que explica dunha forma simple e mordaz o demente camiño seguido polos especuladores. Leopoldo Abadía (Doutor Inxeñeiro Industrial) revela en sete minutos o esperpento do capital.
E con todo o que chove aínda teñen a cara de presumir de beneficios, menuda obscenidade!!
1 comentário:
Ola boa noite,como estádes a ler,a nova dí que o Banco Santander, " xa é,o primeiro banco do mundo"???, entón a miña pregunta é,porqué tiveron unha charla con ZP??,porqué ZP,concedeu 100.000 millóns de €uros ás entidades bancarias,se o Santander é o primeiro Banco do Mundo ??????,a ver,xa séi que eu non son economista,pero o que non entendo é,que si eu teño 500 millóns de €uros....vai o goberno, !! e agasállame con outros 5000 millóns,por ter os 500..??,a verdade,eu nunca o comprenderéi,ou será certo aquilo de ," cada día que pasa,el rico es más rico , y el pobre más pobre " , Fidel Castro
unha aperta e boa noite....txema
Enviar um comentário