Semella que o planeta Terra vive no éxtase do orgasmo colectivo. A brillante campaña de mercadotecnia do negro que fala como o Home Branco acadou o seu obxectivo, narcotizar ao mundo enteiro.
As náuseas que produce o tirano mundial Bush II crean a falsa ilusión de ver luz ao fin do túnel e soñar, co tan necesario, cambio de rumbo. Máis non podemos analizar a realidade partindo unicamente do entusiasmo subxectivo.
Só dende a máis absoluta inxenuidade podemos crer nun imperialismo bo, amábel, ou menos malo. Unicamente a carencia de rigor ou a fe permiten profetizar un cambio. Existirán diferenzas certo, as mesmas que existen entre a merda de vaca e a de cabalo.
Descoñezo cal será a concreción deses pequenos matices máis teño ben certo o que vai quedar igual. O apoio ao xenocidio sionista, o embargo asasino a Cuba se non pasa polo aro do capitalismo, a pena de morte, o aumento do orzamento militar...
Obama encarna, á perfección o espírito do Gatopardo de Lampedusa, “se queremos que todo siga como está, é necesario que todo cambie”. O seu patrimonio persoal, 1’3 millóns de dólares, deixa ben claro a que clase se debe.
Porén, a vitoria de Obama en si mesma e o colateral orgasmo colectivo, constatan a indignación social perante o actual estado das cousas. A fartura do pobo, as ansias por transformar a realidade. Compre ser quen de aproveitar este momento histórico para organizar este descontento e sumar forzas para gañar batalla ideolóxica.
O cambio non está en Obama, o cambio pasa por derrubar o capitalismo e construír, dende o marxismo, unha alternativa real. Un novo sistema que teña como obxectivo a socialización da Felicidade e non o beneficio individual.
4 comentários:
Discrepo de que a victoria de Obama se deba só á mercadotecnia, creo que hai outros elementos que analizar...
Coincido en que a saída non pasa por fenómenos como el, senón por alternativas inspiradas en principios e valores diferentes.
Un saúdo.
non estarás pensando nuhna alternativa real coma a de cuba ou a de china??????
Fumador, está claro que a xente precisa un cambio real e a mercadotecnia encargouse de vender a Obama como marca "cambio".
Anónimo, falas de dous sistemas ben diferenciados. Nada ten que ver Cuba (que sufre un bloqueo asasino por parte do tirano mundial) con China que exerce o capitalismo de estado. Polo tanto, no gastarei o meu tempo na túa provocación, que non pregunta. Grazas por entrar no meu espazo
"...o cambio pasa por derrubar o capitalismo e construír, dende o marxismo, unha alternativa real. Un novo sistema que teña como obxectivo a socialización da Felicidade e non o beneficio individual."
Esto sí que é inxenuidade total...
e o da "solialización da Felicidade" soa demasiado o mundo feliz de A. Huxley.
Claro que pensarás que esto tamén é unha provocación...
Enviar um comentário